EDUCACIÓN PRIMARIA

A E. Primaria é unha etapa educativa que abrangue seis cursos (dende os 6 ata os 12 anos). Nesta etapa continuamos o proceso iniciado na E. Infantil, sendo os nosos alumnos os protagonistas principais dunha educación centrada na persoa, e que propicia unha formación integral en coñecementos, destrezas e valores.
A finalidade da E. Primaria é proporcionar a todos os alumnos unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirindo as habilidades culturais básicas relativas a adquirir as competencias necesarias para aprender día a día, a ser persoa capaz de analizar situacións e resolvelas.

A Educación Primaria Obrigatoria está formada por seis niveis  que vai dende 1º ata 6º. Contamos con aulas equipadas de todos os recursos necesarios para levar a cabo as aprendizaxes, e sobre todo, cun equipo docente de profesionais que poñen o seu pulo en educar en valores e pensamento crítico o alumnado.

Favorecemos un desnvolvemento integral do nosos alumnado aportándolle os coñecemos e experiencias que poidan enriquecer a súa persoa e a súa formación académica. Consideramos que a escola é un espazo no que, ademais de transmitir contidos e adquirir coñecementos, utilizando recursos variados e adaptados ás necesidades do alumnado, tamén debemos aportar os medios necesarios para desenvolverse na vida coidando sobre todo da parte emocional de cada un deles . Ser receptivos a escoitalos e darlle ferramentas que lles axuden a xestionar as súas emocións, son eixes importantes na nosa pedagoxía de centro.

Durante esta etapa o principio pedagóxico básico xira entorno a emotividade e a afectividade ao alumno.

Traballamos para que cada alumno se sinta apoiado no seu crecemento, no descubrimento das súas habilidades, na adquisición de hábitos de conducta e sociais, sempre orientados pola atención do titor.