Proxecto educativo

 

  1.   O noso proxecto educativo propón un modelo de persoa respetuosa , tolerante, con capacidade de esforzo , social e
    crítica. A nosa meta é contribuír ao desenvolvemento da personalidade de cada alumno, persoa singular, única e
    irrepetible, cuxo crecemento é tarefa permanente do labor educativo. O educador desempeña un papel decisivo neste
    proceso. A persoa é, desde a nosa antropoloxía humanista, unha unidade que se configura harmónicamente a medida
    que se desenvolve a súa personalidade en todas as súas dimensións.
     
     

    CARÁCTER PROPIO DO CENTRO

     

    1.1. IDEARIO DO CENTRO. O Colexio Sagrada Familia é un colexio  católico de iniciativa social, que educa dende

    unha postura cristiá dando á educación un sentido transcendente.

    a) CONCIBE educación como un proceso personalizado e de socialización.

    b) CONSIDERA a persoa como ser aberto ao transcendente e en relación cos que o rodean.

    c) PRETENDE unha educación de tipo personalizado que ten como reto facerlle descubrir a cada alumno todas as

    potencialidades que recibiu como don, o que supón unha educación “para” e “en” liberdade responsable. Toda a

    Comunidade Educativa: equipo directivo, profesores, alumnos, pais, persoal non docente, estamos chamados a

    colaborar activamente e con responsabilidade na tarefa educativa do centro para lograr reflectir nela unha

    comunidade evanxélica.

    1.2. ESTILO EDUCATIVOComo colexio católico o noso proxecto educativo está fundamentado na antropoloxía cristiá e
    ten como meta contribuír ao desenvolvemento da personalidade de cada alumno. Neste proceso o educador
    desempeña un papel decisivo, así como o feito de crear un clima positivo, de afecto e de esixencia, que actúan como
    axentes motivadores. Require ademais, traballar as áreas física, intelectual, volitiva e do carácter, afectiva, ética,
    relixiosa, social e estética.
     
    Consideramos importante potenciar os seguintes valores:

    . a reflexión
    . a austeridade
    . a esixencia
    . a constancia
    . a orde
    . a interioridade
    . a serenidade
    . a gratitude
    . a alegría
    . a liberdade
    . a responsabilidade
    . a xustiza
    . a paz
    . a pertenza á Igrexa
    . a fraternidade

     

    ÁS LIÑAS DE ACCIÓN.

    A nosa proposta de traballo dentro dunha educación integral do alumno inclínanos a unhas liñas de acción fundamentadas na propia realidade e centradas no realismo.

    1ª) O suxeito como protagonista da súa propia educación

    Concibimos o proceso de ensino-aprendizaxe como un proceso dinámico no que o educando é o protagonista, polo que
    pretendemos suscitar nel unha resposta positiva e responsable.
    2ª) Unha educación centrada na cultura do esforzo
    Recoñecemos a necesidade do esforzo como condición de toda aprendizaxe e como garantía do progreso persoal.
    3ª) O desenvolvemento da reflexión e do xuízo crítico
    O desenvolvemento da reflexión como liña de acción neste proxecto educativo, busca que o alumno sexa consciente da
    trascendencia dos actos que realiza e das súas consecuencias para el e para os demais.
    É esencial que a reflexión se acompañe dunha educación para o silencio que facilite ao alumno non só usar a intelixencia, senón
    escoitar non seu interior.
    4ª) A axuda na busca da autonomía persoal e da liberdade do alumno
    Outra das liñas de acción diríxese á busca da autonomía persoal, é a educación “en” e “para” a liberdade apoiándonos nos
    seguintes piares:
    1. – A capacidade de autodominio.
    2. – A preocupación polos demais.
    3. – O cumprimento do deber.
    Estes tres piares susténtanse á súa vez no cultivo da responsabilidade.

     

    5ª) Servizo aos demais
    A educación para a convivencia non noso centro oriéntase cara a:

     

    1. – O coidado dos pequenos detalles.

    2. – O cultivo da alegría e o entusiasmo.

    3. – A propiciación da participación activa que fomente a cohesión nos valores e as normas.

    4. – Un profundo respecto pola diversidade cultural.

    5. – A aceptación no respecto á autoridade, así como ás normas de convivencia.

    6. – A potenciación da corresponsabilidade buscando o saber delegar tarefas e responsabilidades, e mediante unha actitude de respecto e estima cara aos outros.