Proxecto Abalar

Coñécese con este nome o proxecto “Escuela 2.0″ impulsado polo Ministerio de Educación en toda España, nunha adaptación ao sistema educativo galego.

Abalar é un proxecto que sustancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa de Galicia, como unha das áreas de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria .
O noso centro forma parte dende o ano 2010-2011 do Proxecto Abalar. A dixitalización da aula de 5º, 6º de E. primaria E 1º de ESO , complétase este ano coa de 2º de ESO. Estamos a levar a cabo un proceso de cambio onde os alumn@s teñen a oportunidade de poder utilizar unha ferramenta tecnolóxica que facilite e motive a súa aprendizaxe. É a nosa obriga e obxectivo que, esa ferramenta sexa útil e favoreza a súa aprendizaxe e o seu coñecemento.
Dende o noso centro ,o equipo docente que forman parte das aulas onde se desenvolve o Proxecto Abalar ,amosamos interés na utilización destas ferramentas na aula, e consideramos que as novas tecnologías nos aportan a posibilidade de utilizar diferentes recursos e estratexias, eficaces e apropiadas , para mellorar a aprendizaxe dos nosos alumnos .

O proxecto Abalar impulsa un cambio de modelo educativo no noso centro, en diferentes aspectos:.
• “Da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaborativa, a investigación e a aprendizaxe activa e interactiva”
• Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances tecnolóxicos na educación.
• Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.

Espazo Abalar