Plan Lector

La lectura es una de las destrezas básicas para el desenvolvimiento personal y social del alumno, y posibilita el desarrollo de las competencias necesarias para la adquisición de los aprendizajes. El hábito lector favorece la competencia lectora, escritora y comunicativa.
Polo tanto, o plan lector é un obxectivo común en todas as áreas do currículo e etapas educativas.Seguindo co plan anual de lectura e o proxecto lector de centro que iniciamos en cursos anteriores para garantir ó alumnado unha axeitada capacitación nas competencias básicas, no Colexio Sagrada Familia de Aldán, en todas e cada unha das áreas e materias de todos os niveis educativos, seguimos a traballar progresiva e continuadamente con todo tipo de textos, tal e como se fundamentaba no proxecto inicial: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios e gráficos, tanto en soporte impreso como electrónico, adicando un tempo mínimo diario para a lectura e incluíndo prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura.
ACTIVIDADES dirixidas a fomentar o interés e a desenvolver a compresión lectora desde todas as áreas curriculares:

E. INFANTIL

A actividade máis común foi a lectura e dramatización de contos en lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa, por medio dos mestres e mestras, así como a través de medios audiovisuais.Cabe destacar entre estas actividades a lectura de pictogramas na pizarra dixital e a asistencia a seguintes representacións ou actividades que promoven o fomento da lectura

E. PRIMARIA

Os contos foron tamén parte fundamental do desenvolvemento do Proxecto Lector, e en tódolos niveis reforzouse a lectura comprensiva e expresiva, tanto silenciosa, como guiada en voz alta.
Debemos destacar algunhas actividades realizadas de maneira global como:
• A semana da prensa: Elaboración e lectura de periódicos, ademáis de actividades de reciclaxe para dar outros usos ó papel e a participación no concurso xornalístico da Voz de Galicia.
• Semana das Letras galegas: Actividades impresas e en liña sobre Miguel Bolaño e decoración de andares con murais elaborados polo propio alumnado.
• Os diferentes proxectos que este ano se estiveron a realizar nos distintos cursos, foron tamén un pilar importante no aprendizaxe da búsqueda e selección de información

E. SECUNDARIA

Na ESO, os alumnos e alumnas contaron con diferentes propostas, tanto voluntarias como obrigatorias, e tanto dentro da aula, como na biblioteca do centro.
Na Biblioteca de centro, igual que os/as alumnos/as primaria, estes tamén puideron coller libros en préstamo e utilizar a biblioteca como lugar de traballo.

 


A NOSA BIBLIOTECA Na Biblioteca do centro seguimos coa marcha do proxecto de promoción e animación á lectura: Os alumnos e alumnas de primaria e secundaria poideron ler, indagar, traballar e coller libros en préstamo. Máis de 1800 libros saíron en préstamo da biblioteca do centro. Este ano continuamos coa dixitalización da biblioteca, seguindo a rexistrar en formato dixital os libros das seccións Inf (contos), Z (investigación) e M (novela xuvenil). Por outra banda, o rincón dixital, composto por dous ordenadores e unha impresora, está sendo un lugar moi visitado, sobre todo, polos alumnos e alumnas de ESO no tempo de “estudo” polas tardes. Caben destacar outras actividades propostas dende a biblioteca ó longo do curso como:O día do libro e o Rastriño de libros.

También disponible en: Español

Go to Top