Calendario / Horarios / Libros / Uniforme
Calendario escolar 2020/21
Durante o curso escolar 2020-2021 serán festivos, ademais das festas oficiais e relixiosas as seguintes:
NADAL: 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ámbolos dous inclusive.
ENTROIDO: 15,16 e 17 de febreiro.
SEMANA SANTA: dende o día 26 de marzo ata o 5 de abril, ámbolos dous inclusive.
FESTIVAL FIN DE CURSO: 22 de xuño
FINAL DE CURSO:INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA: 22 de xuño de 2021
DÍAS NON LECTIVOS :
- 7 de decembro: Día do Ensino
- 26 de abril: venres de Dores.
- 14 de maio: Día non lectivo
Horario de clase
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
Xornada continua : 9:00 h. a 14:15 (E.Infantil) e ata as 14:20 (E: Primaria)
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Xornada continua : Martes a Venres:9:00h a 14:25
Luns:9:00 h a 14:25 e 16:00 a 17:40
HORAS DE VISITA DIRECCIÓN
Luns a venres: 9,15 a 12 h. Fóra deste horario, con petición de hora.
SECRETARÍA
De luns a venres pola mañá de 9,30 h. a 14,00 h.
Uniforme
O uniforme é obrigatorio para todos os alumnos. Os pais, en numerosas ocasións manifestáronse ao seu favor.
NENAS: pichi , falda ou pantalón, camisa ou camiseiro branco (con colo), chaqueta ou xersei azul mariño, calcetín azul mariño preferentemente, zapato negro ou azul. En inverno poderan traer botas clásicas, sen plataforma, tacón ou fibelas.
NENOS: Pantalón gris escuro, camisa ou camiseiro branco ( con colo) xersei de pico azul mariño, calcetín azul mariño preferentemente. O calzado dos alumnos é igual que o das nenas. O equipo de deporte é obrigatorio para todos os alumnos. O uniforme de Educación Física é o establecido, non deben traer sudadeira, camisetas con debuxos ou cores. Os deportivos han de ser brancos e non doutra cor.