Educación infantil

Educación Infantil

 Os mestres de educación infantil deste centro temos como obxectivo desenvolver as capacidades para que o neno sexa autónomo,crítico,saiba vivir e convivir,e poida adaptarse ós cambios e ritmos que se lle presenten.

Partimos da personalización e creamos situacións de aprendizaxe para que cada neno vaia construíndo os coñecementos,os comparta e aprenda a convivir na diversidade. Propoñemos actividades para traballa a creatividade dende a vertente plástica,o ámbito lingüístico,a dimensión máis científica e a dimensión máis persoal.

 

Con estas actividades os nenos desenvolven cada unha das oito inteligencias enunciadas por Howard Gadner. Faremos que se sintan acollidos e aceptados, axudarémoslles  a desenvolver a creatividade,a curiosidade,o desexo de observar,entender e de compartir cos demais,partindo de contextos próximos á realidade.

Nesta metodoloxía damos moita importancia ás emocións con actividades para que o neno adquira seguridade emocional: se decate de qué sinte e por qué o sinte; aprenda a comunicalo; saiba cómo autocontrolarse, expresar correctamente as emocións e aceptalas frustracións.Se axudamos o neno a poñer nome ás emocións e recoñecer o que sinte,axudarémoslle a conocerse mellor,a comunicarse cos demáis e a xestionar as propias emocións.