Estimulación Tempera

Estimulación Temperá

Label (enlace blog E. Infantil)

MÉTODO INTERACTIVO DE MATEMÁTICAS PARA IDADES TEMPERÁSO obxectivo deste proxecto é ofrecer aos nenos alicientes abundantes e sistemáticos co fin de estimular a capacidade neurolóxica que necesitan para as matemáticas.

A capacidade matemática adquírese con maior facilidade a idade temperá. É máis doado ensinar matemáticas a un neno canto menor sexa a súa idade.
A aprendizaxe da linguaxe matemática non pode empezarse con abstraccións como son os símbolos dos números senón coa observación de obxectos concretos: os conxuntos de puntos das tarxetas de matemáticas.

Este método non exclúe o emprego doutras técnicas; ao contrario, é compatible con outros procedementos como son os bloques lóxicos, as regletas, o ábaco, os xogos de mesa e calquera outra actividade que consideremos interesante para crear unha mente matemática nos nenos.

O procedemento a seguir.
Os pasos a seguir no proceso da ensinanza das matemáticas son os seguintes:
1. Primeira fase: Presentación dos conxuntos:3 sesións de dez tarxetas cada unha. A primeira e a segunda vez amósanse os números en orde, a terceira ao chou. Durante a primeira semana amósanse as tarxetas con 1 a 10 círculos. A partir da segunda semana cada día quítanse dous números e engádense os dous seguintes.

2. Segunda fase: Operacións aritméticas cos conxuntos.
3 sesións con operacións aritméticas. Á hora da presentación enúnciase a operación e amósase na pantalla o resultado no momento de dicir a solución. Por exemplo: “¡sete máis tres, igual a diez!” E nese instante aparecen no monitor dez círculos.

3. Terceira fase: Aprendizaxe dos símbolos e as operacións numéricas.estimulación temperá matemática
3 sesións para ensinar aos nenos as cifras do 0 ao 100. Presentar un número elevado de exemplos das catro formas aritméticas de operar cos símbolos

MÉTODO INTERACTIVO DE LECTURA PARA IDADES TEMPERÁSAprender é a aventura máis grande da vida. Aprender é un desexo, é vital, inevitable e, sobre todo, o xogo máis estimulante e máis grandioso da vida. O neno cre isto e sempre o crerá, a menos que lle convenzamos de que non é verdade.

Debemos disfrutar da aprendizaxe da lectura como o fabuloso xogo que é sen esquecer que aprender é o xogo máis emocionante da vida, e non é traballar. Aprender é unha recompensa, non un castigo. Aprender é un pracer; non unha tarefa. Aprender é un privilexio, non unha negación.

Aos nenos e???????????????????????ncántalles aprender e fanno moi rapidamente.

Con este programa mostraremos as tarxetas (palabras ou frases) bastante rápido, de xeito que as palabras ou frases aparezan rapidamente e que o alumno as vexa doadamente.

As imaxes das palabras están deseñadas partindo da base de que a lectura é unha función cerebral. Están feitas dacordo coas capacidades e limitacións do aparato visual do alumno, e están deseñadas para satisfacer todas as necesidades, tanto de visión grosa como fina, dende a función cerebral á aprendizaxe cerebral.

 

Os pasos a seguir nese proceso son os siguintes:

Primeiro paso: palabras soltas. Durante as nove semanas primeiras preséntanse só xogos de palabras soltas.
Segundo paso. A partir da décima semana iníciase a presentación de parellas e frases de dúas palabras.
Terceiro paso: dende a terceira semana do segundo ano preséntanse frases de tres palabras.
Cuarto paso: na décimo segunda semana do segundo ano comezamos con frases de catro, cinco ou máis palabras.
Quinto paso: calquera tipo de frases e libros???????????????????????
A forma de traballar co alumno é a seguinte:
Tres sesións diarias en grupo de non máis de dous ou tres minutos. Nas primeiras semanas as sesións son máis breves pois o número de palabras que se amosan é menor (1ª semana, 5 palabras; 2ª, 15 palabras; 3ª e 4ª, 20; da 5ª á 9ª, 25; 10ª e 11ª, 25 palabras máis 4 pares de palabras; da 12ª en adiante, 25 palabras máis 8 pares de palabras ou frases de dúas palabras).
Desta forma verán cada palabra do xogo tres veces ao día durante cinco días, o que fai un total de 15 veces. O mesmo para os pares e as oracións. Isto supón unha adicación diaria de non máis de 8 ou 9 minutos divididos en tres sesións. As tres sesións diarias deberemos distancialas ao menos unha hora.

Estimulación Temperá