
Plurilingüismo
PROXECTO DE PLURILINGÜISMO
O proxecto bilingüe de Arts & Crafts en 1º de Educación Primaria está deseñado para espertar nos nenos o gusto por entender e apreciar a arte, e anima os nenos a poñer en práctica a súa creatividade facendo actividades e traballos.
A estrutura do programa, baseada na LOMCE, garante o progreso constante tanto na aprendizaxe do inglés como no desenvolvemento das destrezas.
Cada unidade comeza cunha obra de arte orixinal, cuidadosamente seleccionada entre unha ampla variedade de estilos, xéneros e épocas para atraer os alumnos.
Cada obra de arte presenta aos nenos conceptos e técnicas específicas, como por exemplo o debuxo xeométrico ou o uso dos soportes audiovisuais.
As actividades propostas animan os nenos a poñer en práctica e a desenvolver as técnicas que aprenderon.
Ó final de cada unidade os nenos utilizan as destrezas adquiridas para crear as súas obras mestras, inspirados pola obra orixinal, utilizando técnicas tradicionais e modernas.
Varias unidades de repaso dan unha oportunidade para traballar a aprendizaxe cooperativa na aula a través de proxectos en grupo.
EDUCACIÓN INFANTIL
OBXECTIVOS XERAIS
- Ofrecer un primeIro contacto significativo, divertido e atractivo coa lingua inglesa.
- Tomala como a segunda lingua coa que poder comunicarse.
- Espertar nos nenos a sensibilidade cara os sons e patróns ingleses de comunicación.
- Complementar e enriquecer a educación dos nenos noutras áreas.
- Asegurar que sexa unha experiencia positiva e enriquecedora para todos.
METODOLOXÍA
1. Adquisición da lingua.
A unha idade temperá, a segunda lingua é adquirida dunha forma similar á lingua materna. É un proceso natural: o neno comprende o que se lle comunica sen necesidade de tradución.
- A adquisición da lingua desenvólvese ao mesmo tempo que a aprendizaxe intelectual, física, emocional e social.
- A utilización da linguaxe ten un propósito, un fin.
- Os nenos desenvolven a súa capacidade de escoitar un idioma cando quedan expostos a el sen presionalos para que o falen.
- Os adultos xeralmente utilizan un vocabulario moi sinxelo cos nenos e inclúen repeticións de forma natural. Isto conduce ao neno a repetir a secuencia de sons que escoita e a asociala a algo específico.
- En cada unidade amósanse novas palabras de vocabulario e un novo concepto. Porén, na clase os nenos están expostos a moito máis vocabulario e linguaxe a través das instrucións do profesor, as cancións, os contos e as actividades ás que responden de modo natural.
2.A importancia do contexto.
Para poder conseguir os obxectivos anteriormente expostos, toda ensinanza e aprendizaxe necesitan ser presentados nun contexto específico.
O contexto preséntase a través das aventuras de Tommy, Tina e Polly. Isto fai que os nenos se involucren afectivamente ao estimular a súa imaxinación e dar significado ás palabras.
3. A importancia do movemento.
A aprendizaxe dos nenos nesta fase é basicamente kinestésica: aprenden a través do tacto e a acción, o movemento.
- O curso conecta a aprendizaxe co desenvolvemento das destrezas motoras. A través de xogos de acción e bailes, os nenos aumentan o seu control sobre as distintas partes do seu corpo.
- Manipular pop-outs, pegar adhesivos, unir dous puntos debuxando unha liña e colorear e pegar gomets en lugares concretos son actividades que desenvolen as destrezas motoras finas e a coordinación manual e visual dos nenos.
4. A importancia da música e o ritmo.
A música é moi importante para os nenos de esta idade, xa que axuda a desenvolver o factor afectivo e, de acordo con algunhas investigacións e coa experiencia, os nenos aprenden mellor a través da música e o ritmo.
Os nenos terán acceso a unha variada selección de música.
- Todas as clases e as leccións se estruturan mediante cancións.
- Cada lección comenza con música: escóitase o cántase algunha das cancións que se traballaron anteriormente.
- As cancións TPR (con accións) por unidade conteñen as palabras que os nenos están aprendendo.
- Os números, as figuras, as cores, as preposicións e os conceptos intercurriculares refórzanse a través de cancións.
- Cada unidade ten unha actividade que require escoitar música e representar certas accións: son os story chants, contos rimados para reforzar o vocabulario a través da repetición.
COMO INVOLUCRAR AS FAMILIAS
A esta idade a familia é o principal punto de referencia para os nenos. Os vínculos entre o colexio e a súa casa son os seguintes:
– Os nenos teñen un pop-out en cada unidade, que levarán a casa para amosárllelo aos seus pais e utilizalo para cantar a canción e contarlles o conto.
– O CD dos nenos conten cancións que os nenos poden escoitar, representar e cantar na casa ou no coche.
EDUCACIÓN PRIMARIA
PRINCIPIOS METODOLÓXICOS
As bases metodolóxicas que inspiran o noso traballo son as seguintes:
O punto de partida da aprendizaxe dos alumnos son os seus primeiros coñecementos previos;centrándonos naquilo que resulta familiar e próximo ao alumnado pero cunha vertente de fantasía para acadar o equilibrio entre a seguridade/benestar e interese/imaxinación.
As situacións comunicativas que inclúen o humor e o xogo captan a motivación do alumnado e facilitan a aprendizaxe; xa que logo hai que ter en conta a importancia das cancións e historias, as características dos personaxes, as ilustracións…
Os nenos aprenden de distintas formas e a ritmos diferentes; por iso o noso proxecto está deseñado para ser utilizado con flexibilidade de modo que todos os integrantes do grupo poidan participar e atopen actividades nas que poidan aplicar coñecementos e aptitudes, facilitando o desenvolvemento da propia conciencia de logros e do progreso que conseguen día a día.
A aprendizaxe dos nenos é maior e de máis calidade se se basea na actividade; eles demandan exercer a súa capacidade de actuar.
Considerar o progreso pero tamén o erro como algo natural no proceso de aprendizaxe.
A avaliación do proceso individual e grupal dos alumnos na aprendizaxe é un factor importante para asegurar a súa calidade.
A aprendizaxe globalizada xera o desenvolvemento da realidade como un todo nos alumnos. O noso proxecto toma en conta esta situación ao ofrecer actividades interrelacionadas coas outras áreas curriculares, empezando polo coñecemento de si mesmo e a seguir coa exploración do mundo que o rodea; a súa casa, o seu colexio, o seu medio ambiente e a sociedade en xeral.
O eixe da área de lingua estranxeira neste currículo e no noso proxecto constitúeno os procedementos dirixidos á consecución dunha competencia comunicativa efectiva oral e escrita, en contextos sociais significativos, que permita expresarse con progresiva eficacia e corrección e que abarque todos os usos e rexistros posibles así como o uso de recursos e estratexias de comunicación lingüísticas e non lingüísticas.
EDUCACIÓN SECUNDARIA
METODOLOXÍA
ENGLISH IN MOTION
Seguindo as directrices LOE, o proxecto integra polo miúdo o desenvolvemento das catro habilidades básicas (escoitar, falar, ler e escribir) e o traballo de vocabulario, gramática e pronuncia.
- A lingua inglesa preséntase a través de temas interesantes próximos aos adolescentes. A súa práctica comeza con exercicios controlados e gradualmente desenvólvese mediante actividades máis libres e personalizadas.
- O proxecto ofrece unha gran variedade de material para o alumno que lle permite consolidar aqueles contidos que aprendeu e practicou na aula – un libro de actividades (Workbook), un Multi-ROM e un sitio Web propio (Webpage). O libro de actividades vén cun Portfolio, no que cada alumno rexistra os seus progresos e compila unha carteira do seu traballo.
- As cancións do CD da clase ofrecen unha gran variedade de xéneros e serven para motivar os alumnos; ademais inclúese un DVD que se vincula cos temas de curso, proporcionándolles a oportunidade de visionar adolescentes reais falando sobre as súas vidas.