Xa está!! o noso proxecto segue adiante e contentos de ir pasando as fases que farán que entendamos a necesidade de seleccionar os resíduos que fabricamos diariamente. Nesta ocasión, estamos na fase dúas, onde participamos no programa REVITALIZA.
Primeiro tivemos a visita e Teresa , unha especialista en compostaxe que nos deu toda a información necesaria para ter os coñecementos detallados dos restos que podemos botar ao compos. Aprendemos co xogo da Oca e invitamos os nosos compañeiros de primeiro para que tamén aprenderan sobre a compostaxe.
Días despois visitamos un dos centros composteiros que hai en Cangas e, os mestres composteiros Sara e Yoel, nos ensinaron alí o seu funcionamento, necesidades , coidados, e o proceso que hai dende que botamos os restos orgánicos ata que se transforma en compos.Con nós viñeron os nosos compañeiros de quinto; así xa máis alumnado vai coñecendo a importancia deste proxecto ambiental. E por fín chegou o momento de ter o noso propio composteiro!!!Emocionante. Entre Teresa e nós montámolo e preparámolo para o seu funcionamento.Primeiro colocamos unha rexilla de ferro no chan para que non entren as toupeiras ou ratos no composteiro, despois fixemóle unha cama con material orgánico seco (estructurante), botamos as miñocas…e xa a funcionar!! enriba veretemos xa os restos do refrixerio da mañá!!!! Acompañáronnos nesta ocasión o alumnado de cuarto!! que ben, pouco a pouco todos saberán da importancia de reciclar e reutilizar!!!
Estamos dando pasiños para que o noso centro, alumnado e familia se vaia concienciando na necesidade de coidar o noso planeta, sobre todo cos restos orgánicos, os cales, segundo nos dixeron, son queimados e polo tanto no proceso bótase á atmosfera unha gran cantidade de dióxido de carbono (gas contaminante). Por que non converter o que comemos en abono?? Como facían os nosos avós, bisavós tataravós…….!!