Música e movemento

Música e movemento

 

IMPORTANCIA DA MÚSICAA presenza da música nos primeiros anos da infancia do neno é de vital importancia para a adquisición de destrezas específicamente musicais, como para a súa evolución integral como individuo A experiencia sensorial que proporciona a música, enriquece a vida do neno e dalle equilibrio emocional, psicofisiolóxico e social. Ábrense espazos para as actividades de producción e apreciación artística , aspectos básicos para o desenvolvmeneto das competencias, tendo en conta as características dos nenos. No campo da educación, a música ten como finalidade empregar os elementos do son e do ritmo como recursos didácticos que permitan promover a formación integral do neno, exercitando as súas capacidades afectivo- sociais, físicas e cognoscitiva . A educación musical fundaméntase nas características e o nivel de desenvolvemento individual, para levar ao alumno a disfrutar da música a partir da recreación, o descubrimento e a creación fincando as bases que lle permitan sistemáticamente a través do movemento, vivenciar corporalmente os conceptos musicais.


 

A intelixencia musical

Ao longo dos anos, diversas investigacións están a poñer de manifesto a existencia de diversas teorías que comprenden diferentes definicións de intelixencia.
Estas teoría reflexan que a persoa é moito máis que os coñecementos académicos, xa que se contemplan unha serie de habilidades, competencias e capacidades que son igualmente importantes para a vida e para o desenvolvemento persoal, e desenvolvelas dende que nace é moi importante.
A intelixencia musical está definida como a capacidade de percibir, distinguir, transformar e expresar o ritmo, timbre e tono dos sons musicais.
Os nenos séntense atraídos polos sons da natureza e todo tipo de melodías . Disfrutan seguindo o compás co pé, batendo ou sacudindo. Todo indica que é a intelixencia humana que máis cedo se desenvolve; por iso debe ser estimulada en todos os niveis da escolaridade e en todas as disciplinas curriculares.
Nas idades infantís, a música é un medio , pois para educar a través das actividades musicais ,o neno aprende de xeito pracenteiro. A través da música o neno aprende a:
9. Procesar mellor os seus coñecementos                                                                
10. Manexarse no espazo
11. Controlar o tono muscular e relaxarse
12. Escoitar (moi importante para antender)
13. Desenvolver a súa capacidade de comunicación e creatividade
14. Expresar as súas emocións
15. Desenvolver confianza en si mesmo
16. Crear e traballar en grupo.

Howard Gadner pedagogo e investigador identificou os seguintes criterios na Intelixencia Musical:
6. Amosa a sensibilidade aos patróns e regularidades do ritmo, a melodía e o son.
7. Aprende mellor se os conceptos se cantan
8. Poden adquirir mellor información con música de fondo
9. Avisos de sons non verbais no medio ambente
10. Toca un instrumento.

Dende a metodoloxía de traballo proposto no programa das Intelixencias Múltiples, traballamos o currículo musical na Idade Infantil, baseado no:
4. OS SONS
• Exploración das posibilidades sonoras
 A voz
 O propio corpo
 Os obxectos cotiás
 Os instrumentos musicais
• Utilización dos sons para a interpretación e a súa creación musical.
• Recoñecemento de sons do entorno natural e social
• Discriminación dos rasgos distintivos do son e de algún contrastes básicos
5. OBRAS PRESENTES NA CULTURA
• Audición atenta de obras musicais presentes na contorna
• Cancións e danzas da tradición popular e doutras culturas
• Manifestación cultural e artística de Galicia
• Recoñecemento dalgunhas sinais de identidade cultural
6. EXPRESIÓN E DRAMATIZACIÓN
• Interpretación de cancións de diferentes tipo
• Xogos musicais e danzas de diferentes partes do mundo
• Seguir ritmos e melodías, individuais e en grupo utilizando o corpo como medio de expresión

Eventos

marzo 2024
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031