Educación primaria

Educación Primaria

A E. Primaria é unha etapa educativa que abrangue seis cursos (dende os 6 ata os 12 anos). Nesta etapa continuamos o proceso iniciado na E. Infantil, sendo os nosos alumnos os protagonistas principais dunha educación centrada na persoa, e que propicia unha formación integral en coñecementos, destrezas e valores.
A finalidade da E. Primaria.

é proporcionar a todos os alumnos unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirindo as habilidades culturais básicas relativas a adquirir as competencias necesarias para aprender día a día, a ser persoa capaz de analizar situacións e resolvelas.

Principios Pedagóxicos

Durante esta etapa o principio pedagóxico básico xira entorno a emotividade e a afectividade ao alumno.

Traballamos para que cada alumno se sinta apoiado no seu crecemento, no descubrimento das súas habilidades, na adquisición de hábitos de conducta e sociais, sempre orientados pola atención do titor.

Organización da Etapa.

A Educación Primaria Obrigatoria está formada por seis niveis. Na actualidade ,debido ao cambio de lexislación que se está implantando os cursos de 1º, 3º e 5º de E. Primaria, rexiranse pola actual lei LOMCE, cos cambios pertinentes que indica dita lei, mentras que os cursos restantes sufrirán este cambio o vindeiro curso, polo que seguen coas normas establecidas na LOE.

Será polo tanto o vindeiro curso cando se implante a nove lexislación LOMCE +información

PROXECTOS LEVADOS A CABO NA E. PRIMARIA
  1. PROXECTO ABALAR
  2. PROXECTO BILINGÜE
  3. P.D.B.
  4. ARCTIVÍZATE
  5. PROXECTOS DE AULA
  6. PLAN LECTOR

Eventos

noviembre 2024
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930