Intelixencias multiples
PLAN DIXITAL DO CENTRO
(PREME ENRIBA DO TÍTULO PARA ACCEDER AO DOCUMENTO)
A competencia dixital no ámbito educativo de Galicia vertébrase a través dos tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) da Comisión Europea:
• O marco europeo da competencia dixital docente (DigCompEdu nas súas siglas en inglés) é a referencia para o desenvolvemento da competencia dixital do profesorado.
• O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes é a referencia para os centros educativos e para a elaboración do plan dixital de centro.
• O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns é a referencia para a competencia dixital do alumnado.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN- XUNTA DE GALICIA