EDUCACIÓN SECUNDARIA

A finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás.

O noso centro dispón das infraestructuras dixitais necesarias para levar a cabo a formación do noso alumnado no eido da tecnoloxía, a informática e a dixitalización.

 

Aínda que nalgunhas áreas se traballen de forma máis específica, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual e a educación e n valores, a s disciplinas artísticas ocupan un espazo vital no noso centro dende as etapas inicias, e que son continuadas na ESO aportándolle ao alumnado a posibiliadade de experimentalo, sobre todo na área da oratoria, o teatro e as artes plásticas.

Esta disciplinas artísticas  favorecen a autoestima, o traballo de grupo, as relacións sociais , a autonomía e son unha ferramenta importante para axudarlles no  coidado do  seu benestar emocional , tan importante no desenvolvemento integral das persoas.

En canto as materias optativas, os alumnos e alumnas serán orientados de xeito que escollan aquelas que favorezan a súa educación posterior.

– En terceiro da ESO, das materias ofertadas polo centro, impártese a segunda lingua estranxeira: francés,.
– En cuarto curso, ademais cursan tres materias elixidas : Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Informática.; e complétase o currículo coa materia optativa:, Francés.

-Realizamos viaxes de inmersión linguística a Irlanda a primeira quincena de xullo, onde o alumnado interacciona con outros xóvenes de lingua inglesa enriquecéndose da súa cultura e idioma e favorecendo o desenvolvemento nas relacións sociais.