O día cinco de decembro realizamos unha visita ao Viveiro de Aldán. Tivemos sorte xa que ese día lucía o sol, o que facía que o clima fora perfecto para esta visita.

Unha vez alí o traballador do Viveiro explicounos a tarefas que realizaban, tanto no viveiro como traballos que realizaban fóra (deseño de xardíns, coidados, instalación de céspede,etc).

No viveiro vimos tipos de céspedes, tipos de árbores, tipos de plantas, bonsais, cactos… O que máis nos gustou foron as plantas carnívoras.

.