O alumnado de 1º e 2º da ESO asisitu a unha charla impartida por un enxeñeiro informático, dentro da actividade «Navega con rumbo», unha iniciativa do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Esta iniciativa está encamiñada a que os rapaces e rapazas destes cursos coñezan os riscos de navegar pola rede e saiban  facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.