Xa falta pouco! O Entroido xa está ahí, á volta da esquina!

Xa tes preparado o disfraz deste ano? Lémbrate, iremos de avós, avoas, velliños, velliñas….E se queres a partires de 3º tamén de «Farrovello». Colle roupa vella , ponte unha careta divertida e a ver se adiviñan quen es!!!!!

Pero antes,,,,! Semana de Entroido…… Cada día un elemento carnavaleiro!!! Fíxate no cartaz e le con atención, porque moitas sorpresas atoparás!!!!!!

                                                                                                             preme na imaxe para ampliar o cartaz

Ademais dende esta páxina , as familias poderedes seguir a organización da celebración.

ATENTOS A EXPLICACIÓN!!!!!!

o vindeiro venres , 9 de febreiro, celebraremos o Entroido.
Como xa sabedes, dentro do proxecto «Facendo Memoria» o
disfraz elixido é de avós/avoas.
Durante toda a semana levaranse a cabo os mandados do Meco (fixádevos na imaxe de enriba).
Co gallo de recuperar a figura do «Farrovello» de Aldán e Hío, o venres todo aquel que queira poderá traer aparte,nunha bolsa, o disfraz de «Farrovello» xa que haberá unha exhibición.Esta actividade farase a partir de terceiro de primaria.
Durante toda a semana, todo aquel que queira pode traer unha foto cos avós/as preferiblemente disfrazad@s.
No desfile do venres faremos unha batucada; os alumnos/as deberán facer un instrumento con material de reciclaxe na casa.
Todas as familias estades convidadas ó evento a partir das 11:30 da mañá e o alumnado poderá traer doces típicos do Entroido.

VIVA O CARNAVAL!!!!!