Tivemos esta semana a sorte de contar no noso colexio coa colaboración da Asociación de vixiantes dos fondos mariños, unha asociación de buzos que se adican a fotografiar os fondos mariños.

Unha das súas bases está na ría de Aldán, e dos seus fondos mariños sacan fermosas fotografía.

Sen embargo esta actividade non é a única que fan, xa que durante as súas  inmersións descobren que  no fondo da ría hai moitísimos lixo que cobre o solo mariño; lixo que procede de nós, do que botamos o chan , na praia ou no mar, sobre todo restos de aparellos e plásticos.

Xa levabamos os nenos e nenas de segundo traballando sobre este tema unha tempada, pero o que eles nos contaron e os vídeos que nos amosaron do lixo que sacaron da ría, foi moi impactante para todo o alumnado de primaria.

Esperamos que este tipo de iniciativa siga adiante, e que todos nos concienciemos do importante de reducir plásticos na nosa vida e de seleccionar os residuos botándoos nos conetendores axeitados.

Grazas por vir ao noso centro .

A continuación poderedes ver un vídeo da limpeza da ría de Aldán e o enlace a súa páxina web.


CROA – CLUB DE MERGULLO