Dentro dos contidos que aprendemos neste curso están aqueles que nos falan e nos dan a coñecer aos
seres vivos: animais, plantas e o ser humano.
Comezamos polos nosos amigos os animais. Un tema que a moitos de vós vos fascina e polos que
sentides curiosidade e moito aprezo.
Imos aprender como clasificalos segundo as súas características: esqueleto, alimentación, reprodución,
desprazamento e hábitat.
Como non, comezaremos facendo unha chuvia de ideas e aprendendo unha canción da que vos deixo o
vídeo.
CANCIÓN EN GALEGO DE LUAR NA LUBRE (PREME ENRIBA)
E ….! POR QUE NON APRENDELA TAMÉN EN INGLÉS?? OS ANIMAIS SON OUTROS!!
CANCIÓN EN INGLÉS: THE ANIMAL WENT IN TWO BY TWO
Que vos parece se comezamos coñecendo aos animais da canción? Buscade información sobre algún deles e a leremos na clase!!!