A estrela de Belén este ano anda perdida; din @s nos@s maiores que se despistou porque tivo que pasar un tempo dormida e sen brilar por mor dunha pandemia. Pero como a luz sempre se impón sobre a escuridade,a nosa estrela espertou e emprendeu camiño pero ninguén lle avisou que este ano o portal de Belén estaba en Santiago pois é ano Xacobeo e alí nos espera o Apóstolo.

Así que @s nos@s cativ@s quixeron acompañala e empredenderon viaxe desde o colexio polo Camiño Portugués da Costa. Salvando o frío e a choiva completaron a súa misión deixando á Estrela a carón do neno e regalando ilusión ó seu paso.

Estades covidados a acompañarnos neste Camiño e coa mesma ledicia que eles amosan,vos desexamos un Bo Nadal.