O Concello de Cangas organizou este ano o seu 19º certame de cartas de amor no que participaron case un centenar de persoas.
A nosa alumna de 2º ESO, Sabela Martínez Soliño, resultou gañadora do primeiro premio na categoría A cunha fermosa carta que podedes ler a continuación.
Moitos parabéns!
CARTA DE SABELA
Para ti:
Hai máis dun ano que non sei nada de ti, nin sequera sei se me recordas. Se les isto algún día, quero que saibas que eu non te olvidei, nin creo que algún día poida chegar a olvidarte.
Só me quedan os recordos, eses que tanto gardo na miña memoria e no meu corazón para que nunca se perdan nin os esqueza. Eras unha persoa moi especial. Ti, en tan só nove meses marcaches unha liña dentro de min que, aínda hoxe, despois de tanto tempo, non se consegue borrar.
Desde o día que te coñecín, algo dentro de min cambiou. Comecei a falar contigo e nunca deixei de facelo. Sempre tiñamos algo que contarnos. Fomos desas persoas que se coñeceron por casualidade nun mal momento, pero que xuntas loitaron contra todas as barreiras e dificultades que a vida lles puxo por diante. Eramos inseparables. Faciamos calquera cousa para poder vernos un anaquiño máis, e iso, por unha estraña e bonita razón, uníanos.
Fuches das poucas persoas que me fixo sentir escoitada, comprendida e querida en calquera momento, en calquera lugar, en calquera vida…
Sen dúbida algunha, cando estaba contigo era a persoa máis feliz do mundo enteiro. E agora que non estás sinto un baleiro inmenso que, só ti, se volves, serás capaz de enchelo de novo.
Non te esquezas que sempre te levarei dentro do meu corazón.