ESTREAMOS UN NOVO ESPAZO NA NOSA WEB  ONDE ESTAR EN CONTACTO COAS FAMILIAS.

AQUÍ IREMOS AMOSANDO ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES E PROXECTOS QUE IREMOS DESENVOLVENDO AO LONGO DO CURSO, ASÍ COMO RECURSOS E MATERIAL ALTERNATIVO PARA REFORZAR AS APRENDIZAXES.

DURANTE ESTE CURSO TAN ESPECIAL NO QUE NON PODEREMOS COLABORAR COS NOSOS COMPAÑEIROS DOUTROS CURSOS POR CUESTIÓN DE SAÚDE, IMOS LEVAR NA NOSA AULA PEQUENOS PROXECTOS QUE ESPERO SEXAN INTERESANTES E POIDAMOS APRENDER CON ELES.

POR UNHA BANDA TRABALLAREMOS COAS FAMILIAS NAS CASAS LIBROS DE INTERÉS XERAL ONDE BUSCAREMOS TEMÁTICAS INTERESANTES QUE NOS ESPERTEN O GUSTO POR APRENDER E NOS ASOMBREN COAS SÚAS CURIOSIDADES. CADA SEMANA TEREMOS NA NOSA CASA UN LIBRO PARA LER COAS FAMILIAS E AMOSAR O QUE MÁIS NOS INTERESOU DEL.

TAMÉN FAREMOS ALGÚNS EXPERIMENTOS QUE NOS AXUDARÁN A ENTENDER UN POUCO MELLOR O MUNDO DAS CIENCIAS. A  OBSERVACIÓN DO QUE ACONTECE NOS AXUDARÁ A ENTENDER COMO É O LUGAR NO QUE VIVIMOS, COMO É O NOSO CORPO, COMO FUNCIONAN ALGÚNS OBXECTOS, COMO NOS COMUNICAMOS…..

E COMO NON, NOS VEREMOS INMERSOS NO MUNDO DA PINTURA DAS ARTES, ONDE UTILZANDO COMO MEDIO VISUAL DIFERENTES CADROS DE ARTISTAS DE DIFERENTES ÉPOCAS E ESTILOS,  REALIZAREMOS ESCRITOS CON DIFERENTES FORMATOS LITERARIOS PARA DESENVOLVER A IMAXINACIÓN E A CREATIVIDADE. O SEU NOME «CÓNTAME UN CADRO».

..E DE SEGURO QUE VAN XURDINDO OUTROS DE INTERÉS PARA OS NENOS E NENAS QUE SEMPRE TEÑEN CURIOSIDADE POR SABER MÁIS…!

                                                      NON NOS PERDADES DE VISTA!!!!