Este proxecto estase a levar a cabo durante este curso en 1º de e. primaria,facendo uso da arte como ferramenta para descubrir as nosas emocións e aprender a xestionalas dende a nenez.

Esta primeira fase está centrada na LEDICIA , sendo esta a emoción que nos fai sentir mellor, e a partir da cal é maís doado traballar as restantes.

A continuación traballaremos a tristeza, a rabia, o medo e o amor. A orde irá acorde as necesidades que xurdan na aula ou aos acontecementos que sucedan no día a día.

A continuación poderedes ver unha pequena presentación da actividade programada para traballar a LEDICIA.