O 30 DE XANEIRO CONMEMORAMOS O DIA POLA PAZ E A NON VIOLENCIA NA ESCOLA.

POR DESGRAZA, AÍNDA SON MOITAS AS PERSOAS QUE SOFREN POLAS GUERRAS, AS INXUSTIZAS, A VIOLENCIA E A FALTA DE IGUALDADE NO MUNDO.

QUIZÁIS PODEMOS PENSAR QIE NOÇÓS NON PODEMOS FACER NADA, PERO ISO NON É VERDADE. TODOS PODEMOS CREAR ESPAZOS DE PAZ NA NOSA VIDA COTIÁ E TODOS DEBEMOS SABER QUE OUTRAS MOITAS PERSOAS VIVEN EN SITUACIÓNS DE PERIGO E FAME.

A ESCOLA, A EDUCACIÓN DEBE SERVIR PARA QUE AS PERSOAS POIDAN CRECER NUN AMBENTE DE REPECRO E AMOR POLOS DEMAIS, DEFENDENDO A IGULADADE ENTRE CALQUERA PERSOA SEXA CAL SEXA A COR DA SÚA PEL, A SÚA RELIXIÓN OU FORMA DE PENSAR, SEMPRE QUE SE REPETEN OS DEREITOS FUNDAMENTAIS DA VIDA.

DURANTE ESTAS DÚAS SEMANAS IMOS COÑECER A PERSOAS, HOMES E MULLERES QUE LOITARON POLA PAZ E EN CONTRA DAS INXUSTIZAS, MOITAS VECES,ALGÚNS DELES FORON ENCARCELADOS, MALTRATADOS E INCLUSO ASASINADOS.

COÑECER A SÚA VIDA SEGURO QUE NOS FARÁ PENSAR E SER MELLORES PERSOAS.

A NOSA CANCIÓN PARA A PAZ SERÁ UN POEMA CANTADO DE NEIRA VILAS «CANTARELA DOS NENOS»

IMOS COMEZAR CUN VÍDEO DUNHA CANCIÓN PROMOVIDA POR UNICEF PARA A RECUPERACIÓN DAS ESCOLAS EN SIRIA. UN TEMA MOI EMOTIVO INTERPRETADO POR NENOS E NENAS QUE VIVEN BAIXO OS SONS DA BOMBAS E O MEDO A GUERRA.

UNHA CANCIÓN PARA SIRIA

TAMÉN ME PARECE MOI INTERESNATE COÑECER A VIDA DE PERSONAS QUE NON TENDO RECIBIDO O PREMIO NOBEL DA PAZ, LOITARON POLOS DEREITOS DAS PERSOAS NO SEU DÍA A DÍA, E SUFRIRON O RACISMO OU A GUERRA NA SÚAS PROPIAS CARNES.

NINA SIMONE

UN EXEMPLO DELAS, É NINA SIMONE QUE FOI REXEITADA EN MOITAS OCASIÓNS POR SER NEGRA TANTO ELA COMO A SÚA FAMILIA. DÉIXOVOS UN VÍDEO SOBRE A SÚA VIDA E OUTRO DUN TEMA QUE HALA DA LIBERDADE.ESPERO QUE O DIFRUTEDES EN FAMILIA.

A SEGUINTE SERÁ A HISTORIA DE ROSA PARKS.……….!!!!!