servizos
O noso centro ofrece un amplo abanico de servizos que favorecen a conciliación familiar e cubren as necesidades de comedor e transporte do noso alumnado, así como unha serie de actividades extraescolares ofertadas pola ANPA do centro.

COMEDOR ESCOLAR
O servizo de comedor está dispoñible para todo o alumnao ao longo do curso escolar. Contamos co servizo da empresa ARUME, a cal nos ofrece día a día un menú saudable adaptado ás necesidades do alumnado. Temos o compromiso pola súa parte de ofrecernos un menú de calidade así como dunha estreita comunicación .para aquelas familias que o precisen.
O servizo do comedor ten varias modalidades de pago, segundo os días que se usen; no caso de días aillados, o alumnado terá que sacar un bono con anterioridade.

TRANSPORTE ESCOLAR
O servizo de transporte organízase mediante o taxi- bus. Adaptámonos as necesidades das familias acorde aos lugares de residencia. Pódese contratar para todos os días ou servizos puntuais, avisando con anterioridade.

FLEXILIBILIDADE HORARIA
O noso centro ten en conta as necesidades das familias para conciliar a súa vida laborar coa educación dos seus fillos, polo que ampliamos o noso horario de apertura do centro:
- madrugadores: a partires das 8:00horas o centro está aberto.
- de tarde:a garda de comedor é ata as 17:00 horas(Só para o alumnado que se quede no comedor)
- de tarde: a Anpa organiza actividades extraescolares dende as 16:30 horas, cun amplo abanico de actividades.
