ANPA

ANPA

A ANPA “Xosé Graña” organiza aquelas actividades que son acollidas polos alumnos e as súas familias, tendo en conta as posibilidades que os espazos do Centro permiten.

Como sabedes a ANPA José Graña leva anos traballando no colexio Sagrada Familia de Aldán para mellorar, na medida das nosas posibilidades, a experiencia de todos os nenos e nenas ao seu paso polo centro.
É algo que facemos con gusto xa que non hai nada tan gratificante como ver felices os nosos fillos, contribuír á súa formación e proporcionarlles un extra de ilusión.
O curso pasado os nosos rapaces gozaron co Magosto, ilusionáronse coa visita dos Reis Magos e luciron o mellor espírito deportivo na Olimpíada escolar. E os membros da ANPA divertímonos asando as castañas, escribindo as cartas aos Reis, elixindo as camisetas e preparando a merenda dos nosos deportistas.
Pero tamén houbo tempo para pensar nos máis necesitados e tamén para o estudo. Así, na ANPA organizamos o Bocata Solidario e os obradoiros de pintura e inglés para os máis cativos. Xa dentro dunha faceta máis lúdica, as excursións de fin de curso a Cíes e a dos estudantes da ESO seguen a fomentar a convivencia dos alumnos. Alí estivo tamén a ANPA para facer a súa contribución.
O noso labor non sería posible sen a colaboración de todas as familias que cada ano contribúen economicamente. tamén co seu tempo e esforzo, ó mantemento da Asociación de Nais e Pais.
Aproveitamos para agradecervos desde estas liñas a vosa colaboración e animarvos a formar parte activa da ANPA para poder continuar a ofrecerlles o mellor a nosos nenos e nenas. Asimesmo, agradecemos á dirección do centro o seu respaldo incondicional.
Grazas a todos e feliz curso 2014 – 2015

Venta de libros

 

libros de texto3
No inicio de cada curso a ANPA do Colexio Sagrada Familia de Aldán ofrécelle as familias o servicio de venta de libros de texto para os niveis de educación obrigatoria: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria.Aínda que a compra no colexio é voluntaria sería bo que se adquiriran na ANPA, xa que os beneficios repercutirán directamente no desenvolvemento escolar dos seus fillos.
Listado de libros de texto usados no Colexio Sagrada Familia de Aldán

Información

Lugar: centro escolar

Horario: 1º xoves de cada mes pola tarde (15:30- 17:30)

Correo electrónico: anpajoseg@hotmail.com