Este curso o Nadal preséntase de maneira diferente, pero non por iso desaparece a maxia, a ilusión, a ledicia de compartir momentos cos nosos nenos e nenas e coas familias; así que abrimos unha pequena ventaniña virtual para que poidades celebrar con nós estes días tan especiais e de tanta ilusión no colexio.

Queremos aproveitar para felicitar os nosos nenos e nenas polo seu comportamento  neste trimestre, por cumprir as normas anticovid dunha maneira exemplar, sin unha mínima queixa. Son os pequeniñ@s do cole, pero os máis grandes en adaptación e corazón.

Moi bo Nadal a todas as familias de Infantil, queremos xa deixar atrás este ano tan difícil e comenzar o 2021 con enerxía renovada, moita ilusión,e sobre todo, moita saúde para tod@s.

Moitas grazas pola vosa colaboración en todas as actividades propostas, e por facilitar o noso traballo, este ano non vos imaxinades canto se agradece.

BO NADAL!!!

Diana, Lupe, Paco