Musicarte é un proxecto levado a cabo polo departamento de E. Artística.

O seu obxectivo foi crear un espazo onde amosar as competencias artísticas desenvolvidas por parte do alumnado na súa execución e outra parte, pola  súa capacidade de atención e escoita.

Diferentes alumnos/as  do noso centro levaron  acabo unha serie de propostas musicais e plásticas , coa colaboración doutros músicos invitados, como membros da banda de música Bellas Artes de Cangas e dalgúns membros da escola e do conservatorio de música , asi como a colaboración de familiares dalgúns dos nosos alumnos.

Unha experiencia fermosísima onde puidemos disfrutar da música que nos interpretaron, así como das obras plásticas que decoraban a nosa sala de actuaccións.

Un aplauso fortísimo para todos eles e elas e un pulo para aqueles que lles gustaría achegarse o mundo das artes.