Os apicultores do Morrazo, DAGA Morrazo, viñeron a visitarnos para falarnos das abellas.
Carlos, un apicultor da zona, e exalumno do colexio, contoulles aos máis pequenos do cole sobre a importancia que teñen as abellas para a vida do planeta e os seus recursos. Amosoulles a súa forma de traballar e como se organizan para poder producir mel, cera, propóleo, xalea etc.
Aos maiores tamén lles falou do problema que hai coa avespa velutina, e de como se están a levar a cabo diferentes accións para intentar acabar con ela, xa que, a avespa tamén chamada velutina, está acabando coa poboación de abellas da nosa contorna.