Letras Galegas 2025

Este ano o día das letras galegas adícase a unha figura moi especial da nosa literatura popular, as cantareiras, mulleres que son presenza e transmisión da nosa esencia máis pura, a literatura popular, a que sae do pobo. https://youtu.be/Tth6c71Cw9E  ...

DE SAÍDA POR CANGAS

O alumnado de 3º e 4º de E. Primaria puideron disfrutar dun fermosa mañá pola nosa localidade, achegándose aos diferentes organismos municipais onde tiveron a oportunidade de sentarse no Salón de Plenos e ser recibidos  pola actual alcaldesa Araceli Gestido....

PROBA A TOCALO

ESTE CURSO COMEZAMOS UNHA ACTIVIDADE NOVA QUE XA XERMINOU A FINAIS DO CURSO PASADO , CANDO UN GRUPO DO ALUMNADO SE INTERESOU POLA APRENDIZAXE DO VIOLONCHELO. CON ESTA INICIATIVA PERCATÁMONOS DE QUE ENTRE IGUAIS ERA POSIBLE APRENDER MÚSICA DUNHA FORMA MÁIS AMENA,...

ENTROIDO 2025

Xa falta pouco! O Entroido xa está aí, á volta da esquina! Xa tes preparado o disfraz deste ano? Lémbrate, a temática deste ano xira entorno a temática "PIRATA"....Podes ir caracterizado dese personaxe ou de calquera disfraz relacionado co seu mundo: mapa do tesouro,...

CHARLAS PARA FAMILIAS

A  ANPA  está a preparar unha serie de charlasformativas e informativas para as familias do alumnado do noso centro. Tanto a asociación de pais e nais como  a comunidade docente ,consideramos de gran interés estas iniciativas e convidámosvos a que asistades a elas....

EXPERIENCIAS DE OUTONO

Remata o primeiro trimestre e con el unha morea de experiencias persoias e de aprendizaxe!No video que queremos amosarvos, describimos algunhas delas as cales xiran arredor do outono, unha estación máxica chea de vida! Premede enriba da imaxe para visualizalo!

RUTA DOS BELÉNS

RUTA DOS BELÉNS  

Magosto 2024

O noso centro celebrou, un ano máis, o magosto, no que houbo xogos populares, música e bailes, e unhas riquísimas castañas. Grazas a todos por participar, especialmente á ANPA, xa que sen a súa axuda isto non sería posible. https://youtu.be/xwiAH1ySdHc...

Visita de la catedrática doña Rosana Álvarez y don Óscar Iglesias

Visita de los doctores en Química orgánica dona Rosana Álvarez Rodríguez y don Óscar Iglesias. Hemos trabajado la igualdad a través de la trayectoria laboral de la mujer científica , el subgénero periodístico de la entrevista y demostraciones químicas como el incremento de acidez en los océanos.

PUNTO LARANXA

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR / PREME AQUÍ PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN

O MEU COLE MOLA!!!

    ASÍ COMEZAMOS ESTE NOVO CURSO PINCHA NA IMAXE PARA DESCUBRILO

ACHÉGATE AO NOSO COLE: VEN A COÑECERNOS

O NOSO CENTRO OFERTA AS ENSINAZAS DE E. INFANTIL, E. PRIMARIA E ESO. CARA MELLORAR A CONCILIACIÓN FAMILIAR OFERTAMOS O SERVIZO DE TRANSPORTE, MADRUGADORES, COMEDOR,GARDA DE COMEDOR ATA AS 17:00H.  E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CONCERTA A TÚA CITA CHAMANDO AO TELÉFONO...
  1. O noso centro é un colexio concertado que imparte educación infantil, educación primaria e educación secundaria gratuíta, con ideoloxía propia que favorece os  propios valores persoais e sociais fomentando unha convivencia democrática e de  responsabilidade social.

2.Promomovemos a liberdade persoal desde o exercicio da aceptación e o dominio dun mesmo en apertura aos demais, tendo como referente o cumprimento dun traballo ben feito, que favoreza autoestima e a seguridade da persoa. A nosa acción educativa potencia a autonomía e as habilidades sociais así como os aspectos da racionalidade relacionados coa reflexión e a busca da verdade.

3.Dámolle un pulo moi importante ao desenvolvemento no noso alumnado do xuízo crítico para apreciar as consecuencias das condutas persoais e o aprezo e discernimento de valores.

4.Recoñecemos a vontade como medio esencial do progreso persoal., potenciando  a reflexión como medio para favorecer a súa personalidade , asi como estimular a relación interpersonal entre o alumnado e os docentes sempre nun ambiente de respecto e empatía, sendo coñecedores dos deberes e obrigas de cada un deles.

 

 

 

5-Favorecemos a adquisición dunha madurez persoal, desenvolvendo das capacidades intelectuais, afectivas e sociais que lle permitan aprender ao longo da vida de forma autónoma.

6-Potenciar as aprendizaxes significativas, baseadas primordialmente nunha memorización comprensiva e non meramente repetitiva ou mecánica. Ensinar a utilizar os coñecementos e destrezas adquiridos para afrontar os problemas da súa experiencia diaria. Fomentar a asimilación sistemática e crítica da cultura entendida como patrimonio de coñecementos, valores, costumes, crenzas e formas de vida.

7- Coidamos da ensinanza de cada materia, poñendo maior énfase nos aspectos instrumentais e buscando o rigor científico para fomentar a capacidade de observación e crítica e a adquisición de hábitos de traballo intelectual. Seleccionar as técnicas máis axeitadas para favorecer a motivación e a actividade.

8-Personalizamos as aprendizaxes  de forma que se favoreza a aprendizaxe de todos e cada un dos alumnos, organizando diferentes tipos de agrupamentos, espazos e tempos.

9.Impulsamos a acción titorial, individual e grupal, como instrumento para levar a cabo a orientación educativa e profesional necesaria e axeitada para cada un dos nosos alumnos e alumnas.