PROGRAMA DE ENRIQUECEMENTO CURRICULAR PARA ALTAS CAPACIDADES
A diversidade como un valor significa non somentes valorar as diferenzas, senon tamén aproveitar todas as potencialidades de cada persona para que todas e cada unha, se sintan plenamente incluídas e conte cos espazos de participación e desenvolvemento aos que a súa condición humana lles da dereito.
Neste marco educativo, o deseño universal para a aprendizaxe (DUA) ten como finalidade lograr a inclusión efectiva de todo o alumnado, con independencia da súa diversidade.
PROGRAMA TALENTO+
O programa de enriquecimiento e profundización nas aula para alumnos con altas capacidades intelectuais busca crear entornos escolares inclusivos e desafiantes onde o talento de cada estudante poida florecer. Este programa céntrase en promover o desenvolvemento do potencial a través de actividades e programas especializadas, fomentando o benestar emocional e social do alumnado.
O programa inclúe a aplicación de probas psicopedagóxicas, sesións de observación na aula, informes personalizados, talleres sobre estratexias de ensinanza diferenciada, organización de grupos heteroxéneos, e actividades extracurriculares en áreas como ciencias,artes, pensamento creativo e resolución de problemas. Tamén se crean espazos seguros para a expresión de emocións e resolución de conflictos, e apóiase aos estudantes na xestión da frustración e a ansiedade.
SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE
As situaciónsde aprendizaxe proporcionan e facilitan, dentro do marco DUA,(enfoque integral de planificación que permite deseñar entornos de aprendizaxe verdadeiramente inclusivos) ,a creación de contextos de aprendizaxe nos que se proporcionan múltiples formas de presentar a información, múltiples modos de acción e representación e múltiples formas de comprometerse, axustando o deseño das actividades ás habilidades de todo o alumnado. Na situacións de aprendizaxe as actividades deben ser accesibles para todos e todas ; traballar con retos ou desafíos na aula pode ser unha das mellores formas de impulsar o potencial dos nenos con altas capacidades e, para todo o alumnado da clase.
XADREZ
O noso taller de xadrez ofrece a nenos, nenas e adolescentes a oportunidade de descubrir este apasionante xogo que combina lóxica, concentración e creatividade, mentras se divirten e desenvolven habilidades para a vida.
Grupo de Primaria (6 a 11 años)
Aprenderán as regras básicas do xadrez, movementos das pezas, xogadas iniciais e estratexias sinxelas. Aprenderán entre iguais, sendo os mestres aqueles alumnos/as máis avantaxados.Un enfoque lúdico para mellorar a súa concentración, memoria e paciencia.
ARTES CREATIVAS
A arte é un marabilloso vehículo de expresión. Permite desenvolver a imaxinación, potencia a autonomía e favorece a creatividade , a socializacións, a capacidade de esforzo e a empatía. Posibilita o traballo cooperativo, establecendo relacións personais satisfactorias.
No noso programa, as actividades artísticas, artes plásticas,teatro, oratoria, música e danza, presentanse como un medio idóneo para a inclusión, donde cada persoa pode expresar o seu mundo interior e tamén como un recurso fundamental que permite a expresión de emocións.
Potenciamos e favorecemos o desenvolvemento destas disciplinas artísticas cada día tanto adaptando espazos e programando tempos para o seu desenvolvemento.
RADIO ESCOLAR
En RadioPatio Podcast, nenos, nenas e adolescentes aprenden a comunicar, expresar as súas opinións e contar historias a través do fascinante mundo do audio dixital.
Coordinada por un grupo de alumnos/as de ESO,damos saída a esta actividade que vai ser tan enriquecedora para o centro.
Iniciarase coa locución e a comunicación oral das celebracións escolares, entrevistas sinxelas e pequenas grabacións de programas elaborados polo alumnado. Descubrirán cómo preparar contidos, perder o miedo a falar en público e traballar en equipo para crear os seus propios mini programas.
XA o alumnado de secundaria aprenderá a deseñar, producir e editar o seu propio podcast: guionización, técnicas de locución, grabación e edición con ferramentas dixitais. Un espazo para fomentar a creatividade, a comunicación efectiva e a capacidade crítica mentres xeneran contidos sobre temas que lles interesan,
fomentando a autoconfianza e o pensamento crítico.
TALENTO +
É , o noso fin principal o desenvolvemento persoal, emocional , social e cognitivo do noso alumnado , potenciando ao máximo as súas habilidades e capacidades, e buscando sempre educar na diversidade , cara alcanzar un individuo íntegro .
Ese é o obxectivo e a necesidade de realizar programas de enriquecemento ou profundización para as altas capacidades.
Unha das mellores formas de estimular e motivar ao alumnado de altas capacidades intelectuais, é o uso de retos o desafíos, traballos de investigación e destrezas de pensamento. Este tipo de estratexias permítelle desenvolver o seu pensamento crítico, a creatividade , a capacidade de resolución de problemas e a cultura de pensamiento.
O programa TALENTO+ , ofrécelles actividades , recursos e estratexias necesarias, para estimular o seu cerebro de forma axeitado e realizar un axuste académico ao seu nivel e ritmo, así como as súas necesidades, curiosidades e intereses.
