ACTIVIDADES

EXTRAESCOLARES

ANPA XOSÉ GRAÑA

A ANPA do noso centro está composta na actualidade por 16 membros entre nais e pais, que traballamos polo benestar dos nosos fillos e fillas.

Para acadar esta meta o noso obxectivo céntrase nunha boa sintonía da asociación co persoal docente e o equipo directivo do centro , que nos permite servir de nexo da comunidade educativa  , participando activamente na toma de decisións que melloren a calidade educativa dos nosos fillos e fillas.

Ofrecemos un calendario de actividades extraescolares de luns a venres que abranguen disciplinas de artes e cultura coma cociña, pintura e baile; deportes coma balonmán, idiomas con clases inmersivas de inglés e STEM con robótica e programación.

Participamos en eventos culturais organizados no centro como son o Magosto, o Nadal, Bocata Solidario e Día do Deporte.