O P.D.B. , Programa de Desenvolvemento Básico, oriéntase á Etapa de Educación Infantil, na cal se forma nas crianzas a habilidade para recibir, interpretar e responder axeitadamente a información sensorial.Na infancia cando o pensamento é potencial o corpo reflexa os movementos internos e a través do movemento é posible acceder á mente, lugar onde se establecen conexións sensoriais.

Conseguir unha boa organización neurolóxica, faviorece e desenvolvemento de todas as nosas intelixencias e permite prever dificultades de aprendizaxe no futuro.

Para o desenvolvemento deste programa lévanse a cabo actividades como:

  1. Arrastre, gateo, braqueación.
  2. Desprazamentos con traxectoria, lateralidade, coordinación visual- corporal.
  3. Movementos globales motores: brincar, corres en diferentes traxectorias, ir en diferentes direccións.