Fomentar a creatividade, o interés por aprender e ensinar, o esforzo de facer algo que gusta a cambio de momentos de recreo……..! Todas elas son accións que estas nenas de terceiro de primaria levaron a cabo este segundo trimestre.
Inventan cancións con diferentes temáticas para interiorizar os contidos dunha forma divertida!
Unha delas foi creada por elas exclusivamente para o alumnado de educación infantil . Con xestos e unha música moi pegadiza os maís pequenos disfrutaron da aprendizaxe do abecedario dun xeito lúdico e feito pensando neles!
A nosa noraboa estas nenas e os compañeiros que as acompañaron!