MUSICARTE foi unha actividade do departamento de artística onde conxuntamente o alumnado ,amosou as súas potencialidades artísticas relacionadas coa música e as artes plásticas, e disfrutou xunto co profesorado dun momento de gusto e apreciación por estas disciplinas.

Unha experiencia artística onde contamos coa colaboración de profesores da escola de música de Cangas «Inocentes Camaño» e dalgúns membros da banda de música «Bela Artes».

O noso agradecemento a estes músicos por acompañarnos e compartir con nós esta experiencia de aparendizaxe ,e a todo o alumnado por sentir e apreciar a música coma unha linguaxe de comunicación e entendemento.

Noraboa a todos os que tocades algúns instrumento ; sabemos do esforzo que implican levar adiante estas disciplinas e a todos os que elaborastes as ilustracións plásticas coas que decoramos e ambientamos o noso escenario.