Dinamización lingüística

Os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, traballamos ano a ano para que a nosa lingua sexa a lingua de todos e para todo porque…..pensade nalgunha cousa que non se poida facer en galego! Probablemente non se vos ocorra nada. Estamos convencidos de que, sen prexuízo do emprego doutras linguas como o castelán, o inglés ou calquera outro idioma estranxeiro, o galego é a lingua na que mellor podemos expresar a nosa realidade e a nosa cultura, aquilo que somos. É un tesouro que debemos presevar e, como tal, as actuacións que levemos a cabo irán encamiñadas a este fin. Contamos con todos vós para que o galego siga sendo a nosa lingua e goce sempre de boa saúde.

LETRAS GALEGAS

Celebración do día das letras cada 17 de maio.

Programamos actividades de diferente índole cara visualizar a importancia de ter unha lingua propia , a cal temos que protexer e coidar, como así fixeron moitos dos nosos antergos.

POSTA ESCÉNICA

Proxecto  de teatro, oratoria e audiovisual ,presente no nosos centro dende fai varios anos. Unha comunicación natural e con significado que busca darlle dignidade ao galego e recoñecer o seu uso e importancia no pasado.

LECTURAS

Fomentamos no alumnado o gusto pola lectura en calquera idioma pola riqueza que supón poder comunicarse en linguas diferentes, pero de forma moi especial facemos fincapé nas lecturas en galego, base da nosa cultura e identidade.

CERTAMES

Organizamos en colaboración coa ANPA certames de poesía , narrativa , banda deseñada , teatro.. dándolle a importancia merecida ao noso idioma, buscando que sexa unha vía de comunicación da e para a comunidade.

O GALEGO NAS CELEBRACIÓNS ESCOLARES

Promovemos o uso do galego na nosa vida da aula coa exposición de proxectos e actividades, así como o seu uso nas celebracións escolares ou eventos do centro.

ROSALÍATE

Neste proxecto queremos recoller todas as actividades e celebración que se fixeron da figura da nosa escritora galega, en diferentes formatos: teatro, audiovisual, certames, espectáculos, artes, música……

Traballamos unha Rosalía escritora, muller,persoa e sobre todo cidadana galega, defensora da lingua e da tradición, fomentando a cultura do noso pobo.

Premendo na imaxe ou no título atoparás unha recollida dalgunhas das actividades feitas ao longo deste anos polo alumnado das diferentes idades e polo profesorado.