Proxecto educativo

QUE BUSCAMOS?

A nosa proposta de traballo  e liñas de acción está focalizada cara unha educación integral , baseada nun enfoque educativo que recoñece ao elumando como un ser completo, con múltiples dimensións que deben desenvolverse de maneira equilibrada. Non se limita á adquisición de coñecmentos teóricos, senon que tamén busca fomentar habilidades sociais, valores éticos e competencias prácticas necesarias para a vida.

Este modelo non só transforma o xeito en que o alumno/a aprende, senon tamén cómo interactúan co mundo, promovendo unha comprensión máis profunda de sí mesmos e da súa contorna.

RESPOSTA POSITIVA

O suxeito como protagonista da súa propia educación
Concibimos o proceso de ensino-aprendizaxe como un proceso dinámico no que o educando é o protagonista, polo que pretendemos suscitar nel unha resposta positiva e responsable.

CULTIVAR O ESFORZO

Unha educación centrada na cultura do esforzo
Recoñecemos a necesidade do esforzo como condición de toda aprendizaxe e como garantía do progreso persoal.

Educar no valor do esforzo implica ensinar aos nenos e xóvenes que as cousas non se conseguen de xeito doado e que é necesario poñer adicación e tempo para alcanzar os obxectivos. Ademáis,  axúdalles a entender que o fracaso non é o fin, senon unha oportunidade para aprender e mellorar.

REFLEXIÓN E XUÍZO CRÍTICO

O desenvolvemento da reflexión como liña de acción neste proxecto educativo, busca que o alumno sexa consciente da
trascendencia dos actos que realiza e das súas consecuencias para el e para os demais.

Na era da información, o pensamento crítico  vólvese especialmente crucial. A proliferación de noticias falsas, a manipulación de datos e a sedimentación de opinións polarizadas fan que o alumnado deba tener o discernimento suficiente para avaliar a información que consume.

Fomentar o pensamento crítico non só axuda ás persoas a tomar decisións máis informadas, senon que tamén contribúe á cohesión social e á democracia, ao permitir un diálogo máis constructivo e baseado en feitos.

EDUCACIÓN PARA A LIBERDADE

Outra das liñas de acción diríxese á busca da autonomía persoal, é a educación “en” e “para” a liberdade apoiándonos nos
seguintes piares:
1. – A capacidade crítica.
2. – A preocupación polos demais.
3. – O repeto e tolerancia  ao diferente.

Estes tres piares susténtanse á súa vez no cultivo da responsabilidade e o repeto,desenvolvendo no alumnado a capacidade para cuestionar as ideas establecidas axudándolles a desenvolver habilidades críticas e de pensamento independente.

 

Ademais, a liberdade na educación fomenta a tolerancia e o respeto polas diferenzas. Os estudantes deben ser expostos a diferentes perspectivas e culturas, o que lles axudará a entender e respetar mellor a quen son diferentes a eles.

SERVIZO AOS DEMAIS

A educación para a convivencia non noso centro oriéntase cara a:

1. – O coidado dos pequenos detalles.

2. – O cultivo da alegría e o entusiasmo.

3. – A propiciación da participación activa que fomente a cohesión nos valores e as normas.

4. – Un profundo respecto pola diversidade cultural.

5. – A aceptación no respecto á autoridade, así como ás normas de convivencia.

EMPATÍA

A empatía na escola é fundamental para crear un ambiente de aprendiaxe inclusivo e solidario .

A empatía é un compoñente esencial da intelixencia emocional e xoga un papel crucial no desenvolvemento de relacións saudables e na resolución d conflictos.

No contexto educativo, a empatía  maniféstase a través do recoñecemento e a atención ás necesidades emocionais do alumnado, así como na capacidade dos mestres e dos propios compañeiros para conectar con eles nun nivel personal e afectivo.

 

LIÑAS PEDAGÓXICAS E FILOSOFÍA DO CENTRO

O noso proxecto educativo propón un modelo de persoa respetuosa , tolerante, con capacidade de esforzo , social e
crítica. A nosa meta é contribuír ao desenvolvemento da personalidade de cada alumno, persoa singular, única e
irrepetible, cuxo crecemento é tarefa permanente do labor educativo.O educador desempeña un papel decisivo neste proceso.

A persoa é, desde a nosa antropoloxía humanista, unha unidade que se configura harmónicamente a medida
que se desenvolve a súa personalidade en todas as súas dimensións.

O Colexio Sagrada Familia é un colexio católico de iniciativa social, que educa dende unha postura cristiá dando á educación un sentido transcendente.CONCIBE educación como un proceso personalizado e de socialización.CONSIDERA a persoa como ser aberto ao transcendente e en relación cos que o rodean.PRETENDE unha educación de tipo personalizado que ten como reto facerlle descubrir a cada alumno todas aspotencialidades que recibiu como don, o que supón unha educación “para” e “en” liberdade responsable.

Toda a Comunidade Educativa: equipo directivo, profesores, alumnos, pais, persoal non docente, colaboramos activamente e con responsabilidade na tarefa educativa do centro para lograr reflectir nela unha comunidade respestuosa cun mesmo, cos demais e coa contorna que nos rodea.Fomentamos no noso alumnado o compromiso persoal social e medioambiental, apoiando e favorence situacións de colaboración coa nosa comunidade e organismos oficiais.

 

ESTILO EDUCATIVOComo colexio católico o noso proxecto educativo está fundamentado na antropoloxía cristiá e
ten como meta contribuír ao desenvolvemento da personalidade de cada alumno. Neste proceso o educador
desempeña un papel decisivo, así como o feito de crear un clima positivo, de afecto e de esixencia, que actúan como
axentes motivadores. Require ademais, traballar as áreas física, intelectual, volitiva e do carácter, afectiva, ética,
relixiosa, social e estética.

Consideramos importante como docentes e pedagogos potencias valores como :a reflexión,a austeridade , a esixencia,a constancia, a orde,a interioridade ,  a serenidade, a gratitude, a alegría, a liberdade, a responsabilidade,a xustiza,a paz, a fraternidade.

Nunha sociedade cada vez máis deshumaniazada, onde a idea de comunidade e de grupo van perdendo consistencia,  é moi importante levar a cabo poxectos de colaboración e cooperación.