PROGRAMA DE ENRIQUECEMENTO CURRICULAR PARA ALTAS CAPACIDADES

A diversidade como un valor significa non somentes valorar as diferenzas, senon tamén aproveitar todas as potencialidades de cada persona para que todas e cada unha, se sintan plenamente incluídas e conte cos espazos de participación e desenvolvemento aos que a súa condición humana lles da dereito.

Neste marco educativo, o deseño universal para a aprendizaxe (DUA) ten  como finalidade lograr a inclusión efectiva de todo o alumnado, con independencia da súa diversidade.

PROGRAMA TALENTO+

O programa de enriquecimiento e profundización nas aula para alumnos con altas capacidades intelectuais busca crear entornos escolares inclusivos e desafiantes onde o talento de cada estudante poida florecer. Este programa  céntrase en  promover o desenvolvemento do potencial a través de actividades e programas especializadas, fomentando o benestar emocional e social do alumnado.

O programa inclúe a aplicación de probas psicopedagóxicas, sesións de observación na aula, informes personalizados, talleres sobre estratexias de ensinanza diferenciada, organización  de grupos heteroxéneos, e actividades extracurriculares en áreas como ciencias,artes, pensamento creativo e resolución de problemas. Tamén se crean espazos seguros para a expresión de emocións e resolución de conflictos, e apóiase aos estudantes na xestión da frustración e a ansiedade.

SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE

As situaciónsde aprendizaxe proporcionan e facilitan, dentro do  marco DUA,(enfoque integral de planificación que permite deseñar entornos de aprendizaxe verdadeiramente inclusivos) ,a creación de contextos de aprendizaxe nos que se proporcionan múltiples formas de presentar a información, múltiples modos de acción e representación e múltiples formas de comprometerse, axustando o deseño das actividades ás habilidades de todo o alumnado. Na situacións de aprendizaxe as  actividades deben ser accesibles para todos e todas ; traballar con retos ou desafíos na aula pode ser unha das mellores formas de impulsar o potencial dos nenos con altas capacidades e, para todo o alumnado da clase.

 

XADREZ

O noso taller de xadrez ofrece a nenos, nenas e adolescentes a oportunidade de descubrir este apasionante xogo que combina lóxica, concentración e creatividade, mentras se divirten e desenvolven habilidades para a vida.

Grupo de Primaria (6 a 11 años)
Aprenderán as regras básicas do xadrez, movementos das  pezas, xogadas iniciais e estratexias sinxelas. Aprenderán entre iguais, sendo os mestres aqueles alumnos/as máis avantaxados.Un enfoque lúdico para mellorar a súa  concentración, memoria e paciencia.

 

ARTES CREATIVAS

A arte é un marabilloso vehículo de expresión. Permite desenvolver a imaxinación, potencia a autonomía e favorece a creatividade , a socializacións, a capacidade de esforzo e a empatía. Posibilita o traballo cooperativo, establecendo relacións personais satisfactorias.

No noso programa, as actividades artísticas, artes plásticas,teatro, oratoria, música e danza,  presentanse como un medio idóneo para a inclusión,  donde cada persoa pode expresar o seu mundo interior e tamén como un recurso fundamental que permite a expresión de emocións.

Potenciamos e favorecemos o desenvolvemento destas disciplinas artísticas cada día tanto adaptando espazos e programando tempos para o seu desenvolvemento.

 

RADIO ESCOLAR

En RadioPatio Podcast, nenos, nenas e adolescentes aprenden a comunicar, expresar as súas opinións e contar historias a través do fascinante mundo do audio dixital.

Coordinada por un grupo de alumnos/as de ESO,damos saída a esta actividade que vai ser tan enriquecedora para o centro.
Iniciarase coa locución e a comunicación oral das celebracións escolares, entrevistas sinxelas e pequenas grabacións de programas elaborados polo alumnado. Descubrirán cómo preparar contidos, perder o miedo a falar en público e traballar en equipo para crear os seus propios mini programas.

XA o alumnado de secundaria aprenderá a deseñar, producir e editar  o seu propio podcast: guionización, técnicas de locución, grabación e edición con ferramentas dixitais. Un espazo para fomentar  a creatividade, a comunicación efectiva e a capacidade crítica mentres xeneran contidos sobre temas que lles interesan,
fomentando  a autoconfianza e o pensamento crítico.

TALENTO +

É , o noso fin principal o desenvolvemento  persoal, emocional , social e cognitivo do noso alumnado , potenciando ao máximo as súas habilidades e capacidades, e buscando sempre  educar na diversidade , cara alcanzar un individuo íntegro .

 

Ese é o obxectivo e a  necesidade de realizar programas de enriquecemento ou profundización para as altas capacidades.

Unha das mellores formas de estimular e motivar ao alumnado de altas capacidades intelectuais, é o uso de retos o desafíos, traballos de investigación e destrezas de pensamento. Este tipo de estratexias  permítelle desenvolver o seu pensamento crítico, a creatividade , a capacidade de resolución de problemas e a cultura de pensamiento.

 

O programa TALENTO+ , ofrécelles actividades , recursos e estratexias necesarias, para estimular o seu cerebro de forma axeitado e realizar un axuste académico ao seu nivel e ritmo, así como as súas necesidades, curiosidades e intereses.

 

+ INFORMACIÓN