Neste Nadal o alumnado de segundo tivo a oportunidade de experimentar unha nova técnica artística da man de Nardo e os seus axudantes do Taller Experimental de Gravado. Achegámonos a Vilariño onde está o seu taller e alí fomos recibidos a moi ben atendidos por Nardo, Ara e Pablo, os cales agradecemos a súa disposición .

Cada alumno preparou a súa postal de Nadal na aula utilizando ferramentas punzantes, e xa no taller, levamos a cabo o proceso do gravado onde cada un puido experimentar co seu traballo.

O alumnado de segundo preparou un cadro de Nadal como agasallo para a Asociaición.