TOCA PLANTAR!!!!!
Comeza a primavera e con ela voltan a brotar as follas das árbores e as flores das plantas.
Nós tamén imos colaborar co colorido e o renacer da estación primaveral construíndo un xardín onde as botellas de plástico se van transformar en testos para as plantas. Deste xeito aprendemos outros usos que lle podemos dar a algúns obxectos antes de tiralos no colector correspondente.Mentras uns plantan, outros quitan herbas, misturan o compos (que nos trouxo Sara , a mestra composteira)con terra de carballo ( que nos trouxo Adela), outros recollen a información e Valeria, a nosa reporteira gráfica, saca fotos. Un bo traballo de colaboración!!
Ademais aproveitamos para plantar xirasoles e amorodos con Chari!!!!Uhh que rico!!
Agora toca coidalas e ver que nos lles falte de nada!!!l
Unha mañá moi primaveral!!!!!