Xa está aberto o prazo – dende o día 8 de maio ata o 20 de setembro – para solicitar a beca ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, para o curso 2023-2024.
Toda a información está dispoñible no portal de becas y ayudas del MEFP.
Quen reúna os requisitos pode solicitala no seguinte enlace:https://sede.educacion.gob.es/sede/login/buscarConvocatoriasInicio.jjsp
A solicitude cúbrese online e unha vez cuberta xérase un documento PDF que deberá de imprimirse para presentar no centro educativo.
Documentos a entregar no departamento de orientación:
- Solicitude impresa e asinada en todos os seus apartados
- Memoria da intervención do gabinete xunto á declaración responsable de dita intervención.
- Informes de saúde públicos ( o máis actualizado que se teña)
- Documento do banco co número de conta no que o menor figure como beneficiario
- Certificado de discapacidade
Dende o departamento de orientación se emitirá un informe.