Os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitaron as instalacións de Meteogalicia e do Museo do Pobo Galego, ambas en Santiago de Compostela. Malia que o tempo non acompañou, o alumnado foi quen de soltar un globo sonda e asistiron, moi atentos, a unha explicación do funcionamento dos aparellos meteorolóxicos. Tiveron a sorte de ver en directo como a televisión de Galicia entrevistaba a un dos meteorólogos, que informaba de como ía a xornada, desde o punto de vista da meteoroloxía, en diferentes puntos da nosa comunidade.