«Todo converxe», de Valeria Chapela, cartel gañador para as Xornadas de Ciencia en Cangas

redacción | cangas 07.03.2019 |

Cartel gañador. // FdV

O cartel presentado baixo o lema «Todo converxe» e asinado por Valeria Chapela Guimeráns, alumna de 3º de ESO no Colexio Sagrada Familia de Aldán, será a imaxe das Xornadas de Ciencia que se celebrarán en Cangas o vindeiro mes de abril, ao ser elexido en primeiro lugar polo xurado deste certame convocado pola Concellería de Ensino e Deporte, que dirixe Xoán Chillón. En segundo lugar da categoría B, reservado para alumnas e alumnos de bacharelato, ESO e ciclos formativos, foi seleccionado o cartel baixo o lema «Idea» de Icíar Nores García, tamén alumna do Sagrada Familia. Na outra categoría, orientada ao alumnado de Primaria, foron distinguidos dous traballos  «La ciencia es para mi lo que explica las cosas», de Yassir Talbaoui Piñeiro e «La ciencia es para nosotras el futuro», unha tarefa colectiva de Andrea Guimeráns, Nayara Piñeiro, Ainara Piñeiro e Alicia Menduíña (todos eles alumnos tamén do colexio Sagrada Familia).

A entrega de premios será nun acto no mes de abril, coincidindo coas Xornadas da Ciencia.

 

CARTEL GAÑADOR (Valeria Chapela, Sagrada Familia- Aldán)