RONSEL DE SEU
TEATRO NA AULA
RONSEL DE SEU nace de xeito natural nas nosas aulas por un grupo de docentes e polo interés do alumnado por esta disciplina artística. Desde o Departamento de filoloxía e de Educación artística , promocionamos na rapazada de diferentes idades o gusto e disfrute das artes escénicas, desenvolvendo á vez, as competencias curriculares e , sobre todo, a activización e descubremento das súas potencialidades.
Unha práctica favorable para o desenvolvemento integral e educativo nas ensinanzas obrigatorias, que, non tendo un espazo concreto dentro do currículo, nós , desde o noso centro cultivamos, porque cremos que o teatro ofrece todo un conxunto de aprendizaxes e descubre moitas aptitudes escondidas no alumnado que ás veces pasan desapercibidas.
Tamén complementamos estas con montaxes de pequenos audiovisuales relacionados con temáticas culturais e sociais.



“RONSEL DE SEU”: O TEATRO ESCOLAR COA LINGUA
TEATRO NA AULA EN GALEGO
Dende fai máis dunha década o colexio Sagrada Familia de Aldán leva organizando obradoiros de teatro co seu alumnado dende idades moi novas dándolle a esta disciplina artística o valor e a importancia que ten nas súas aprendizaxes. Alumnado da ESO na materia de lingua galega leva anos fomentando o teatro creativo, representando obras creadas pola súa mestra Ana García e ,os máis pequenos de Infantil e primaria escenificando pequenos contos adaptadas as súas idades. Asimesmo dende o Departamento de Artísticas organízanse musicais onde danza, as artes escénicas e plásticas traballan de forma cooperativa: A frauta Máxica, O Crebanoces, Conto de Nadal, Lalo o Regalo……
“Ronsel de Seu” foi madurando e crecendo, buscando un oco no currículo de tal xeito que desde o curso pasado, o teatro pasa a estar no horario escolar compartindo a sesión de lingua galega en 3º e 5º de E.Primaria e na ESO na materia de Oratoria.
Nestes cursos trabállase du xeito moito máis específico esta disciplina . Durante as sesións o galego é a lingua utilizada, fomentando o seu uso de xeito natural, como medio de expresión e comunicación entre iguais ,apartándonos do puramente curricular e aportándolle o valor que ten como lingua nosa. Obras adaptadas , creadas ou publicadas como “Todas as Rosalías” “Rapunzel con piollos”, “Eu son Galego”, “O restaurante Farruco” “Grandes Oradores “,“As larnaxas máis laranxas de todas as laranxas”, entre outras, e este ano “Un Nadal cheo de líos” “Vivan as cantareiras” e “Alcaldesa Vermella” , son algún dos exemplos que falan desta aposta polo teatro en galego na escola.