ANPA

A ANPA “Xosé Graña” organiza aquelas actividades que son acollidas polos alumnos e as súas familias, tendo en conta as posibilidades que os espazos do Centro permiten.

Como sabedes a ANPA José Graña leva anos traballando no colexio Sagrada Familia de Aldán para mellorar, na medida das nosas posibilidades, a experiencia de todos os nenos e nenas ao seu paso polo centro.
É algo que facemos con gusto xa que non hai nada tan gratificante como ver felices os nosos fillos, contribuír á súa formación e proporcionarlles un extra de ilusión.
O curso pasado os nosos rapaces gozaron co Magosto, ilusionáronse coa visita dos Reis Magos e luciron o mellor espírito deportivo na Olimpíada escolar. E os membros da ANPA divertímonos asando as castañas, escribindo as cartas aos Reis, elixindo as camisetas e preparando a merenda dos nosos deportistas.
Pero tamén houbo tempo para pensar nos máis necesitados e tamén para o estudo. Así, na ANPA organizamos o Bocata Solidario e os obradoiros de pintura e inglés para os máis cativos. Xa dentro dunha faceta máis lúdica, as excursións de fin de curso a Cíes e a dos estudantes da ESO seguen a fomentar a convivencia dos alumnos. Alí estivo tamén a ANPA para facer a súa contribución.
O noso labor non sería posible sen a colaboración de todas as familias que cada ano contribúen economicamente. tamén co seu tempo e esforzo, ó mantemento da Asociación de Nais e Pais.
Aproveitamos para agradecervos desde estas liñas a vosa colaboración e animarvos a formar parte activa da ANPA para poder continuar a ofrecerlles o mellor a nosos nenos e nenas. Asimesmo, agradecemos á dirección do centro o seu respaldo incondicional.
Grazas a todos e feliz curso 2014 – 2015

This is box title
Lugar: centro escolar
Horario: 1º xoves de cada mes pola tarde (15:30- 17:30)
Correo electrónico: anpajoseg@hotmail.com

También disponible en: Español

Go to Top