Esta curso leváronse a cabo moitas actividades relacionadas coa ciencia, coa tecnoloxía e coas matemáticas. O noso alumnado participou nun concurso de carteis organizado polo concello de Cangas, no que Icíar Nores resultou premiada na categoría de secundaria, e o grupo formado por Aitana Rouco, María Marcelino e Claudia Santiago na categoría de primaria. Tamén houbo un certame de fotografía matemática e varias conferencias no auditorio municipal. Ademáis, @s alumn@s de 4º da ESO realizaron un Trivial da Saúde na materia de Cultura Científica e invitaron a xogar aos compañeiros e compañeiras dos demais cursos da ESO.