O alumnado de 1º e 2º da ESO asistiu a Galiciencia 2018, feira científica celebrada no parque tecnolóxico de Galicia, que se atopa no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). A temática deste ano é “O Cambio Climático”. Os nos@s alumn@ asistiron a unha conferencia, realizaron un obradoiro moi interesante e visitaron unha carpa onde estudantes de diferentes centros educativos galegos explicaban os seus proxectos científicos. Foi unha experiencia moi enriquecedora á que seguro voltaremos.

También disponible en: Español