COLORÍN COLORADO – SAÍDA CULTURAL

Os nenos de E. Infantil,  tivemos unha saída ó auditorio de Cangas para disfrutar dunha obra musical.Viaxamos cos seus protagonistas nun tren por diversos países e a través da súa música e instrumentos os nosos amigos recuperaron a imaxinación perdida.

Para algún de nós,foi tamén a nosa primeira viaxe en autobús,así que foi unha mañá diferente e divertida que agardamos repetir.Así de ben o pasamos!