Os nenos e nenas de Primeiro aprenden e poñen en práctica os seus coñecementos dun xeito ameno, espontáneo e moi didáctico.

Repartimos un anaco de folio en branco onde, de xeito libre, creamos e escribimos palabras, as palabras que saen de cada un de nós. A continuación nos adentramos no universo da papiroflexia ou origami, construíndo uns barquiños de papel adornados con multitude de palabras escritas e do que disfrutamos moitísimo facendo. O clima de atención foi absolutopor parte dos nenos e nenas de Primeiro!!!

Por último fixemos unha actividade de relaxación , onde aprendemos a respirar, a facer inspiracións, e a sentir como o noso barquiño navegaba subindo e baixando ao son das nosas barrigas.

Unha actividade fermosa, compartida con este gran equipo de primeiro e que sen dúbida, voltaremos a repetir!!!