PROXECTO LEMBRARTE

PROXECTO LEMBRARTE

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO DO PROXECTO LEMBRARTE.

Visitamos ós usuarios de Afamo o 21 de septembro DÍA MUNDIAL DO ALZHEÍMER. No adro da igrexa de San Martiño en Moaña presentaron a súa representación teatral Ó PÉ DA LAREIRA. Unha obra moi divertida protagonizada polos que van a ser os protagonistas e referente do noso proxecto para o curso 2018-2019.

A partir deste momento…comezarán as nosa vivencias e ampliaremos os noso coñecementos empregando a terapia do recordo ó tempo que será a ferramenta que empreguemos para obter o noso producto final….O MUSEO LEMBRARTE.

SAÍDA Ó BOSQUE ENCANTADO EN BUSCA DE INFORMACIÓN.

COMO ERAN OS LAVADEROS ANTIGAMENTE? PERCORREMOS A RUTA DOS MUÍÑOS PARA COMPROBALO.

 

CHARLA IMPARTIDA POR MARTINA, COORDINADORA DE AFAMO PARA EXPLICAR A ENFERMIDADE DO ALZHEÍMER E COMO SE PRODUCE.

De xeito sinxelo e moi intuitivo, empregando recursos dixitais e personaxes de series animadas coñecidas para os noso nenos/as, MARTINA conseguiu que os nenos de 1º e 6º de E.P entendesen perfectamente en que consistía a enfermidade do Alzheímer. Coñeceron Á NEURONA RAMONA, e entenderon como traballan en Afamo intentando reparar ou conservar as mesmas mediante terapia, rehabilitación, moita conciencia e sensibilidade.

SAÍDA A CANGAS PARA COÑECER DA MAN DE CRISTINA, TÉCNICA DE TURISMO DO NOSO CONCELLO A RUTA GUIADA POLO NOSA VILA.

Con esta saída pretendemos recopilar información para o noso proxecto. Os monumentos históricos e arquitectónicos de antes, as rúas máis importantes, ….para posteriormente poder relacionalo coa información aportada polos usuarios de AFAMO.

 

SAÍDA Ó MUSEO MASSÓ EN BUEU.

Nesta ocasión quixemos ampliar os nosos coñecementos sobre a historia da fábrica de Massó, influencia na nosa contorna e comprobar como se desempeñaba a súa laboura no día a día dunha fábrica que marcou a nosa economía e as vidas dos noso maiores. Seguimos na procura de información para poder empregar na segunda fase do noso proxecto.

 

SAÍMOS NA PRENSA. PRIMEIRA FASE DO PROXECTO LEMBRARTE.

A semana pasada os alumnos de 1º e 6º de Educación Primaria do noso Centro, viviron unha bonita experiencia na que participaron xunto ós usuarios de Afamo (Asociación de Enfermos de Alzheímer do Morrazo).

A actividade forma parte do proxecto LEMBRARTE, que iremos desenvolvendo ó longo deste curso. Xa vos iremos amosando os resultados das distintas experiencias.

Aquí deixamos un enlace á reseña de prensa do Faro de Vigo, onde veredes como Adriana, unha fermosa cativa de Primeiro, chea de grandes valores humáns, escoita atenta as palabras de Iberia, usuaria de Afamo, que compartíu con nós a súa sabiduría e recordos.

Preme aquí para obter máis info

FABRICAMOS XOGUETES TRADICIONAIS PARA O MAGOSTO.

Os alumnos/as de 6º E.P. fixeron de alumnos/as guía, sendo uns auténticos titores dos nosos cativos de 1º E.P. Unha experiencia que gustou moitísimo. Fabricamos ioiós para xogar no Magosto, relacionamos os xogos tradicionais  cunha das temáticas que estamos a abordar dentro do Proxecto LembrArte.

VISITAMOS A ASOCIACIÓN AFAMO PARA ESCOITAR DE VOZ DOS PROTAGONISTAS DO NOSO PROXECTO AS SÚAS VIVENCIAS.

Nesta ocasión fomos nós os que nos desplazamos a visitar a sede da Asociación Afamo, onde nos recibiron con moito cariño e nos sentimos moi a gusto. Escoitamos as palabras dos usuarios guiados pola coordinadora do Centro MARTINA que nos explicaron a que se adicaban laboralmente de mozos/as, como era a escola antes e moitas anécdotas que sorprenderon ós noso nenos/as. E finalmente, compartimos con eles unha pequena sorpresa que por as súas caras de ledicia sentimos que aquel era un fermoso momento para eles. Aquí tedes un pequeno video da canción que lles adicamos e cantamos todos/as xuntos/as.

Preme para ver a canción.

 

PARTICIPAMOS NO FESTIVAL DE NADAL DE AFAMO.

NO NADAL o alumnado de 1º e 6º E.P. tiveron a gran sorte de poder participar no Festival de Nadal de Afamo cantando villancios tradicionais cos seus usuarios. Outra das moitas actividades enmarcadas dentro do proxecto LEMBRARTE QUE IMOS DESENVOLVER CONXUNTAMENTE Ó LONGO DESTE CURSO.