OS TRES ERRES DO REVES:REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR

OS TRES ERRES DO REVES:REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

POR QUE DO REVÉS?

É MOI HABITUAL QUE CANDO FALAMOS DO TRATAMENTO DE RESIDUOS, SEMPRE COMECEMOS POR RECICLAR, DESPOIS REUTILIZAR E POR ÚLTIMO REDUCIR.

SEN EMBARGO,  OS  ESPECIALISTAS DO MEDIO AMBENTE E DA CONTAMINACIÓN, CADA VEZ ESTÁN MAÍS DACORDO EN QUE O PRIMEIRO PASO PARA MANTER O NOSO PLANETA NUN LUGAR SOSTIBLE PARA O PRESENTE E O FUTURO DA HUMANIDADE, E COMEZAR REDUCINDO O CONSUMO DE PRODUCTOS E OBXECTOS INNECESARIOS, É DICIR QUE PODERIAMOS PRESCINDIR DELES.

TRALA REDUCIÓN O MÁIS IMPORTANTE É A REUTILIZACIÓN DE PRODUCTOS QUE PODEN TER OUTROS USOS, E POR FIN RECICLAR CANDO XA ESTAMOS NO DERRADEIRO PROCESO DE UTILIZACIÓN.

POR OUTRO LADO NON NOS DEBEMOS ESQUECER DE REPARAR, ACCIÓN QUE ULTIMAMENTE NOS ESQUECEMOS DE FACER OU ESTA SOCIEDADE DE CONSUMO NOS OBRIGA A MERCAR PORQUE É MÁIS BARATO.

TODOS ESTES CONCEPTOS, IDEAS E COÑECEMENTOS SON OS QUE QUEREMOS TRANSMITIR EO NOSO ALUMNADO DE SEGUNDO, DE AHÍ O TÍTULO DO PROXECTO. EDUCALOS NESTA FORMA DE USO DE RESIDUOS É O QUE DEBEMOS FACER CARA MELLORAR A SÚA VIDA E A DAS PERSOAS QUE LLES RODEA, DE AHÍ A VOSA COLABORACIÓN E APOIO NESTA VIAXE.

COMEZAMOS AMOSANDO OS DIFERENTES CONTENEDORES E EXPLICANDO QUE TIPO DE OBXECTOS E MATERIAIS DEBEMOS DEPOSITAR EN CADA UN DELES.

TODAS AS PARENDIZAXES SE FARÁN NOS TRES IDIOMAS:GALEGO, CASTELÁN E INGLÉS, CO APOIO DO MESTRE CARLOS.

 

ACCIÓNS

PRIMEIRO TRIMESTRE

( A FOCAXE XIRARÁ ENTORNO  O TRTAMENTO DE RESIDUOS EN XERAL  E IREMOS POUCO A POUCO ADENTRÁNDONOS NA CONTAMINACIÓN DO PLÁSTICO, POLO QUE NOS ACHEGAREMOS A OS TIPOS DE PLÁSTICO E O SEU IMPACTO NO MEDIO NATURAL)

ESTA SEMANA COMEZAMOS POLO COÑECEMENTO DOS RESÍDUOS EN XERAL E NO SEU TRATAMENTO.COMEZAREMOS FACENDO UNHA PEQUENA MOSTRA DE SEPARACIÓN DOS TRES RESIDUOS MÁIS COMÚNS E ABUNDANTES QUE O ALUMNADO TRAERÁ DA SÚA CASA: PAPEL, VIDRO E PLÁSTICO.

DEnde  o inicio deste proxecto levamos  a cabo varias accións  medioambientais, encamiñadas en primeiro lugar a informar e concienciar ao nosos alumnado e as súas familias da importancia de reducir o consumo de obxectos, de reutilizalos antes de tiralos ao lixo e reciclalos cando xa non se lle pode dar máis uso.

Comezamos con actividades de información e búsqueda na rede  de como organizar os residuos ; coñecer as cores dos contenedores e obter información de que clase de lixo se pode botar en cada un deles.

VEMOS QUE SE NOS OCORRE FACER COS ESTES MATERIAIS E CO O DEBEMOS TRATALOS.

CONTENEDORES DE ECOEMBES

Outra acción levada a cabo foi a de poñernos en contacto coa empresa Ecoembes, que traballa no tratamento de reciclaxe de papel e plásticos, coa boa sorte de que despois de terlle solicitado recipientes para reciclar, nos chegaron ao cole cinco amarelos e cinco azuis.

Poderede ver a cara de sorpresa dos nosos nenos cando os viron. A súa tarefa repartilos polo cole e explicarlle aos seus compañeiros como reciclar en cada contenedor. Durante este curso serán os inspectores de reciclaxe, encargados de vixiar que todos os rapaces tiren o refugallo no contenedor correspondenete e de deixar o cole limpo de papeis e plásticos, así como de baldeirar os contenedores todos os venres.

ESA É A NOSA TAREFA!!! COMO INSPECTORES DE RECICLAXE DO NOSO COLE, ENCARGÁMONOS TODAS AS SEMANAS DE LEVAR O LIXO AOS CONTENEDORES CORRESPONDENTES QUE HAI NA RÚA!!

INSPECTORES DE RESIDUOS CON CARNÉ

XA TEMOS OS CARNETS DE INSPECTORES E INSPECTORAS DE RECICLAXE DO NOSO COLE.CADA DÍA TRES OU CATRO NENOS E NENAS, SERÁN OS ENCARGADOS DE CONTROLAR QUE TODO O ALUMNADO DO CENTRO FAI BEN A SEPARACIÓN DE RESIDUOS E OS INTRODUCEN NOS CONTENEDORES AXEITADOS( PAPEL, PLÁSTICO E ORGÁNICO).

ADEMAIS PODERÁN IDENTIFICARNOS SEN NINGÚN PROBLEMA PORQUE TAMÉN TEREMOS POSTAS AS CAMISETAS VERMELLAS DOS BOLECHAS!!!

REUTILIZAMOS MATERIAIS NA AULA

Esta semana creamos os nosos propios puzzles a través de materiais reciclados

This week we have created our own puzzles using recycled materials.

E VIMOS EN INGLÉS UN VIDEO SOBRE OS TRES ERRES

THE 3 R´S FOR KIDS

COLABORACIÓNS

AS FAMILIAS

DENTRO DAS NOSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA REUTILIZACIÓN DE RESIDUOS, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE CONTAR COA INXENIOSA IDEA DE DENIS O PAI DE ALICIA, QUE NOS FIXO EN VIVO E EN DIRECTO UN SILLÓN CON BOTELLAS DE PLÁSTICO.

QUE IDEA TAN FABULOSA!! ESTA É UNHA DAS MOITÍSIMAS POSIBILIDADES QUE TEMOS DE REUTILIZAR O PLÁSTICO.

GRAZAS DENIS!!!

ORGANISMOS E EMPRESAS

ECOEMBES

XA FALAMOS DELA E DO IMPORTANTE QUE FOI PARA N´SO QUE QUIXERAN OFERTARNOS OS CONTENEDORES PARA O NOSO CENTRO. REALMENTE ELES DÉRONNOS OS RECURSOS NECESARIOS PARA COMEZAR ESTE PULO.

OS BOLECHAS

ECOLOLI VEU VISITARNOS XUNTOS CO CIENTÍCO MILLO E OS ELECTRECOS, PARA FALARNOS DE QUE FACER COS APARELLOS ELÉCTRICOS QUE XA NON FUNCIONAN.

ENSINÁRONNOS UN NOVO “R”: REPARAR!!!! E NO CASO DE QUE ISTO NON SEXA POSIBLE DEBEMOS LEVAR ESTES APARELLOS O PUNTO LIMPO!!!

APRENDEMOS MOITÍSIMO E CANTAMOS E BAILAMOS UN RAP SUPERDIVERTIDO!!!

PILOBOT

ESTE É UNHA PROPOSTA A QUE ESTÁN INVITADOS OS CENTROS QUE QUEREN PARTICIPAR NA RECOLLIDA DE PILAS.

SABEMOS QUE ESTES OBXECTOS SON MOI PERIGOSOS PARA O NOSO PLANETA, POLO QUE É MOI IMPORTANTE DEPOSITALAS EN CONTENEDORES AXEITADOS PARA ELAS.

TEMOS UNHA OCASIÓN MOI IMPORTANTE PARA FACER UNHA RECOLLIDA DE PILAS NA NOSA CONTORNA, POLO QUE PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN PARA FACELA O MÁIS EFECTIVA POSIBLE.

CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN!!!

SAÍDAS

DENTRO DAS NOSAS SAÍDAS CULTURAIS E COMPLEMENTARIAS, ESTE CURSO ORGANIZAMOS ACTIVIDADES RELACIONADAS COO NOSO PROXECTO, XA QUE TEMOS MOITO QUE APRENDER E COÑECER SOBRE COMO COIDAR O NOSO PLANETA E SABER QUÉ FACER CO LIXO QUE FABRICAMOS.

A PRIMEIRA SAÍDA FOI AO MUSSEO MASSÓ, UNHA INSTITUCCIÓN QUE LEVA A CABO MOITÍSIMAS ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS E QUE TEN UN MUSEO DE VISITA OBRIGATORIA, XA QUE NEL PODEMOS APRENDER MOITO DO MAR.

A NOSA ACTIVIDADE, COMO MOI BEN DI O TÍTULO, XIRABA EN TORNO AOS RESIDUOS QUE OS HOMES FABRICAMOS E QUE MOITÍSIMOS DELES VAN O MAR.

ALÍ LIDIA, A MONITORA, NOS DEU MOITA INFORMACIÓN SOBRE ESTE TEMA E QUE DEBEMOS FACER PARA QUE NON PASE.APRENDEMOS DO TEMPO QUE TARDAN OS RESIDUOS QUE ATOPAMOS NO MAR EN DESAPARECER DO PLANETA E REUTILIZAMOS O MATERIAL QUE ATOPAMOS NA PRAIA PARA FACER UNHA ACTIVIDADES PLÁSTICA.

O MÁIS IMPORTANTE, INTENTAR UTILIZAR CADA VEZ MENOS PLÁSTICO!!!

É MOI PERIGOSO PARA O MAR E OS ANIMAIS QUE VIVEN NEL!!!!SOS!!

Mapa no que se amosa a distribución do lixo marina, na súa meirande parte plástica.

SUPERDIVER, PODERIAMOS DICIR QUE FOI ESTA VISITA.

COLABORAMOS COA NOSA CONTORNA

Algúns alumnos de 2º de xeito extraescolar participaron nunha actividade de limpeza de plástico do fondo mariño da Ría de Aldán. Ademais de contar as súas experiencias , trouxeron unha camiseta e uns videos moi interesantes.

SEGUNDO TRIMESTRE

(NESTE SEGUNDO TRIMESTRE A FOCAXE DO NOSO PROXECTO XIRARÁ EN TORNO A COMPOSTAXE)

Xa está!! o noso proxecto segue adiante e contentos de ir pasando as fases que farán que entendamos a necesidade de seleccionar os resíduos que fabricamos diariamente.

Comezamos a nosa segunda fase. Sen esquecernos do traballo realizado no primeiro , e continuando o noso labor de selección de residuos, este trimestre damos un pasiño máis. O noso obxectivo: que todos es nenos/as saiban que é importante separar o material orgánico xa que con el podemos  facer compos.(+INFORMACIÓN)

Debemos ter en conta que case a metade dos residuos son de restos de comida ,polo tanto é importante comezar a separar.Tamén é importante coñecer que os residuos orgánicos que botamos nos contenedores , son queimados na súa totalidade, polo que ademais estamos axudando a botar máis dióxido de carbono a atmosfera.

A NOSA ACCIÓN:  CONSEGUIR UN COMPOSTEIRO PARA O COLE E ASÍ APRENDER S SER RESPONSABLES CO MEDIO AMBENTE.

COLABORACIÓN

Tras chegar ao noso centro información sobre o plan de compostaxe da Deputación de Pontevedra, nos unimos a el, con moitas ganas de aprender e coñecer como se pode transformar os restos de comida en abono. Unímonos ao Plan Revitalíza

 

Primeiro tivemos a visita e Teresa , unha especialista en compostaxe que nos deu toda a información necesaria para ter os coñecementos detallados dos restos que podemos botar ao compos. Aprendemos co xogo da Oca e invitamos os nosos compañeiros de primeiro para que tamén aprenderan sobre a compostaxe. Foi moi divertido aprender xogando.!!

SAÍDAS

Días despois visitamos un dos centros composteiros que hai en Cangas e, os mestres composteiros Sara e Joel, nos ensinaron alí o seu funcionamento, necesidades , coidados, e o proceso que hai dende que botamos os restos orgánicos ata que se transforma en compos.Con nós viñeron os nosos compañeiros de quinto; así xa máis alumnado vai coñecendo a importancia deste proxecto ambiental.

E por fín chegou o momento de ter o noso propio composteiro!!!

Emocionante. Entre Teresa e nós montámolo e preparámolo para o seu funcionamento.Primeiro colocamos unha rexilla de ferro no chan para que non entren as toupeiras ou ratos no composteiro, despois fixemóle unha cama con material orgánico seco (estructurante), botamos as miñocas…e xa a funcionar!! enriba veretemos xa os restos do refrixerio da mañá!!!! Acompañáronnos nesta ocasión o alumnado de cuarto!! que ben, pouco a pouco todos saberán da importancia de reciclar e reutilizar!!!

Estamos dando pasiños para que o noso centro, alumnado e familia se vaia concienciando na necesidade de coidar o noso planeta, sobre todo cos restos orgánicos, os cales, segundo nos dixeron, son queimados e polo tanto no proceso bótase á atmosfera unha gran cantidade de dióxido de carbono (gas contaminante). Por que non converter o que comemos en abono?? Como facían os nosos avós, bisavós tataravós…….!!

O DÍA A DÍA DO NOSO COMPOSTEIRO

Cada semana tesmos dous encargados do composteiro. O seu labor é recoller o caldeiro de orgánico de E. Infantil e o de Primaria e ESO , e levar os restos ao composteiro todos os días. Alí teñen que remexer para airear e botar por enriba o estructurante. Todos o alumnado de segundo está sendo moi responsable nesta tarefa, e a selección de residuos está funcionando xenial!!

COMPOSTING

Aprendemos co profe Carlos a falar da compsotaxe en inglés.

Vimos un video onde puidemos escoitar como se din en inglés as palabras relacionadas coa compostaxe. Intentamos recoñecer algunhas delas e aprender as novas. Despois fixemos unha sopa de letras moi divertida!!!

E ESTE ERA O VÍDEO A PARTIR DO CAL TRABALLAMOS.

ACCIÓNS COTIÁS QUE FAVORECEN O COIDADO DO NOSO PLANETA

Hai moitísimas cousas que podemos facer cada un de nós para que vivamos nun planeta limpo , tendo conciencia de que cada un de nós pode  aportar coas súas accións feitos positivos que melloran o noso entorno máis inmediato.

Esta semana imos facer unha serie de actividades onde amosaremos pistas ecolóxicas para favorecer o noso Medio Natural.

Imos comezar amosando un vídeo moi interesante sobre 10 cousas cotiás que podemos reutilizar na casa!!!Despois aportaremos ideas nosas!!

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A SUCIEDADE DOS FONDOS MARIÑOS

Tivemos esta semana a sorte de contar no noso colexio coa colaboración da Asociación de vixiantes dos fondos mariños, unha asociación de buzos que se adican a fotografiar os fondos mariños.

Unha das súas bases está na ría de Aldán, e dos seus fondos mariños sacan fermosas fotografía.

Sen embargo esta actividade non é a única que fan, xa que durante as súas inmersións descobren que no fondo da ría hai moitísimos lixo que cobre o solo mariño; lixo que procede de nós, do que botamos o chan , na praia ou no mar, sobre todo restos de aparellos e plásticos.

Xa levabamos os nenos e nenas de segundo traballando sobre este tema unha tempada, pero o que eles nos contaron e os vídeos que nos amosaron do lixo que sacaron da ría, foi moi impactante para todo o alumnado de primaria.

 

Esperamos que este tipo de iniciativa siga adiante, e que todos nos concienciemos do importante de reducir plásticos na nosa vida e de seleccionar os residuos botándoos nos conetendores axeitados.

Grazas por vir ao noso centro .

A continuación poderedes ver un vídeo da limpeza da ría de Aldán e o enlace a súa páxina web.


CROA – CLUB DE MERGULLO

QUEN VIVE AÌ?

Teresa a nosa mestra pedagóxica de compos, veu visitarnos para ver como ía o  noso composteiro e tamén nos ensinou que animaliños vivían nel.

Trouxo dous tipos de compos e nel estivemos buscando pequenos animaliños que viven alí. Para iso utilizamos lupas que co seu aumento nos permitiu ver os bichiños que habitan no compos.

Despois puidemos analizar nun microscopio a eses animaliños. Todos eran insectos de diferentes clase e tamén escaravellos e vermes. Foi moi educativo!!!Puidemos ver o que a simple vista o noso ollo, non podería albiscar.

TOCA PLANTAR!!!!!

Comeza a primavera e con ela voltan a brotar as follas das árbores e as flores das plantas.

Nós tamén imos colaborar co colorido e o renacer da  estación primaveral construíndo un xardín onde as botellas de plástico se van transformar en testos para as plantas. Deste xeito aprendemos outros usos que lle podemos dar a algúns obxectos antes de tiralos no colector correspondente.Mentres uns pAdemais aproveitamos para plantar xirasoles e amorodos!!!!Uhh que rico!!

Agora toca coidalas e ver que nos lles falte de nada!!!lantaban, outros sacaban herbas, outros apuntaban e a nosa reporteita gráfica Valeria, sacaba fotos!!

Unha mañá moi primaveral!!!!!

 

 O NOSO COMPOSTEIRO FUNCIONA!!!

Estupendo traballo que estades a facer!!! Díxonos Sara e Joel os mestres composteiros que veñen a traernos o estructurante e revisan o noso composteiro. Que amables son con nós por preocuparse tanto.

O certo é que todos os días imos a levar Ao composteiro os restos do orgánico que tomamos no refRixerio do rEcreo, aireamos e botamos o estructurante!! Queremos facelo ben para que de verdade poidamos   transformar os rstso do noso refrixerio en compos, e  así non ter que queimalos e non colaborar coa emision de dióxido de carbono a atmosfera!!!!

UN BO TRABALLO MEDIOAMBIENTAL!!!